O Pepe do Churrasco.
Fai
unhos anos nacía
o pequeño de catro irmaos,
-César, Antonio e Manolo-
fillos de José e María.
De rapaciño traballou
na casa do Mallarizo,
coidaba as vacas, araba
e recollía patacas.
a Parga facer o servicio,
cando viña de permiso
explicábanos gimnasia.
Non quixo ir a Suiza
e marchou a Barcelona,
alí descubriu outra vida
e fixo unha fortuna.
Traballou co tío Emilio
de camarero no bar,
moi pronto se fixo o dono
xa que llo quixo comprar.
Fixo moitos cartos cas rifas
e a moitos llos prestou,
o noso amigo Pepiño
nunca favor negou.
Varias veces o multaron.
¡Non se podían vender!
Firmaba a multa sin prisa
e decíalles cunha sonrisa:
“para esta multa pagar,
¿cántas me queren comprar?”
Alí coñeceu a Pili,
o amor da súa vida,
fruto do matrimonio
naceron o fillo e a filla.
Foron neniños queridos
a Merche e mailo o Mario,
tiveron sempre o cariño,
¡ os domingos i-a diario!
Cando volveu a Galicia,
¡tivo una idea xenial!
-anque pareza mentira-
¡un churrasco nun toxal!
Unos chamábanlle tolo,
outros :¡non sabe o que fai!
Pedras, xestas e toxos,
¡saliralle moi mal!
Pero o tempo demostrou
que
o Pepiño sabe moito
e que non se equivocou.
¡O churrasco resultou!
A Pili púxose enferma,
todo cambiou na familia,
os coidados foron moitos
pero non houbo maneira.
Por todo que por nos fixeches
o largo da nosa vida,
a familia de Esher e Primo
dámosche as gracias Pepiño.
É un home intelixente,
diplomado en humanidades,
licenciado en económicas
e máster en amistades.
O noso amigo Pepiño
era o Pepiño de Baixo,
tamén o do Mallarizo,
e despois de moitos anos
é o Pepe do Churrasco.
Estas verbas que eiquí digo,
que sexan
unha homenaxe
o noso amigo Pepiño,
da parroquia “O PERSONAXE”.
Gonzalo Varela (xullo do 2014)
Enlace de fotografías do Churrasco Casa Pepe
No hay comentarios:
Publicar un comentario