BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



Mostrando entradas con la etiqueta O noso Concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O noso Concello. Mostrar todas las entradas

21 jul 2011

Escudo e bandeira do Concello do Saviñao



Dende fai anos o noso SOL CELTA represéntanos a nivel popular e institucional.Trátase dun sol amarelo de doce raios do mesmo cor, nun fondo azul ovalado.

A referencia máis antiga da súa utilización coñecida ata agora provén da segunda metade do século XIX. Despois da reforma administrativa que substituíu ás antigas demarcacións xurisdicionais dos concellos, os documentos do Saviñao levaban o selo co SOL CELTA, utilización que desapareceu esporadicamente nas primeiras décadas do século XX pola introdución da aguia imperial imposta como única simboloxía na ditadura.

A súa recuperación chegou a finais dos anos cincuenta grazas a labor de investigación de Enrique Pérez Losada, veciño que presidiu o Círculo do Saviñao e que foi alcalde no Concello á chegada da democracia. Enrique ao rebuscar entre a antiga documentación municipal atopou uns documentos selados cun sol. O símbolo foi utilizado no programa de festas de Escairón de 1959, e anos despois adoptouse polo Círculo do Saviñao. Enrique manifestou nunha entrevista ao xornal La Voz de Galicia, que o selo gustoulle tanto que sacou unha fotocopia e empezou a utilizalo. A tinta dos selos non tiña cor, así que o azul e o amarelo foi un invento para non deixar o escudo en branco e negro.O amarelo representaba o sol e o azul o ceo, deste xeito o símbolo chamouse o SOL CELTA polo seu parecido polas representacións solares dos petróglifos.


O xoves 21 de xullo de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 145/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba o escudo do Concello do Saviñao, e o Decreto 146/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Saviñao.

O NOSO ESCUDO:

Photobucket

"En campo de azul, doce xiróns concéntricos de ouro recortados cargados nun roel ovalado imaxinario. Ao timbre, coroa real pechada.
Esta figura representa o sol, tal e como se cre que era simbolizado polas civilizacións da prehistoria en Galicia, e que o Goberno local vén exhibindo como símbolo municipal desde o ano 1848 nos selos matriciais e na heráldica municipal ao longo do século XX.
A súa orixe relaciónase coa coñecida «Pedra de Abuíme», localizada na parroquia de San Xoán de Abuíme**, onde tamén se atopou un gravado ovalado que algúns identificaron cunha representación do sol a causa da serie de estrías concéntricas que, a modo de raios, parten desde o centro".

A NOSA BANDEIRA:

Photobucket


"No centro do pano de azul, doce xiróns concéntricos de amarelo recortados e postos nun óvalo imaxinario.
Esta figura representa o sol, tal e como se cre que era simbolizado polas civilizacións da prehistoria en Galicia, e que o Goberno local vén exhibindo como símbolo municipal desde o ano 1848 nos selos matriciais e na heráldica municipal ao longo do século XX.
A súa orixe relaciónase coa coñecida «Pedra de Abuíme», localizada na parroquia de San Xoán de Abuíme**, onde tamén se atopou un gravado ovalado que algúns identificaron cunha representación do sol a causa da serie de estrías concéntricas que, a modo de raios, parten desde o centro".


**Existe un erro na normativa que regula o escudo e bandeira do Saviñao, xa que a orixe do sol celta provén dunha pedra do Castro de Illón, de Licín.


En relación a oficialidade do escudo e a bandeira do Concello, reproducimos a noticia publicada o 23 de novembro do 2010 no xornal EL PROGRESO, sobre a postura da Asociación de Veciños do Saviñao:

A asociación de veciños do Saviñao, contra os cambios no escudo municipal

A agrupación veciñal do Saviñao, coordinada por Manuel Sarmiento, presentou no Concello unha serie de alegacións contra as modificacións que pretende realizar a Comisión de Heráldica de Galicia sobre o escudo municipal para oficializalo. Ata o momento, aínda que o actual úsase desde outrora incluso por parte de organismos oficiais, como tal non estaba rexistrado.

Manuel Sarmiento e o resto da directiva da asociación puntualizou que un dos maiores rexeitamentos está “na imposición da coroa real” sobre o deseño existente e a perda da figura ovoidea que o caracteriza en beneficio dunha forma circular. A maiores, a Comisión de Heráldica indica no seu novo deseño que o sol que predomina no escudo pase a estar encastrado noutro de armas.

Manuel Sarmiento indicou que a asociación rexeita a coroa real porque “no Saviñao nunca houbo dependencia real”. En canto ao resto, estima que, por exemplo, ”meter o sol nun escudo de armas, lonxe de refrexar o sentido do culto ancestral ó astro, acércao ó bélico e militar”.

O portavoz da asociación cre que os cambios propostos non enriquecen o escudo. “Todo o contrario porque o actual escudo é máis perdurable ó longo do devir histórico, xa que os rexímenes poden cambiar e a adopción da simboloxía real nas administracións pode perder senso”.

Sarmiento insiste en dicir que o Concello debe manter “a sinxeleza do sol prerromano do escudo” e achegue todo tipo de estudos o documentos que ratifiquen a súa validez. Engadiu que hai varias agrupacións, como o Círculo O Saviñao, que tampouco ven correctos os cambios.

Escudo do Saviñao Escudo orixinario

28 mar 2011

O Círculo do Saviñao


O Círculo do Saviñao
xurdiu o 21 de decembro do 1958 para dar saída as aspiracións culturais e recreativas dunha parte da xente do Concello. A sociedade foi presidida por José Ramón Seoane Rocha, e xunto a Ramón Mariño Curto, Mario López Fernández, Pablo Rodríguez García, José Mariño Curto, José Martínez Fernández, Juan Bautista Dapena Eyré e Antonio Varela Quiroga, encargáronse de atopar uns terreos onde levantar a sede social, proxecto que contou co apoio doutros socios.A sociedade constituíuse na rúa Pardo Bazán de Escairón.

Hoxe en dia segue co seu espírito fundacional, programando actividades que fan que O Círculo do Saviñao sexa unha sociedade extremadamente viva,un lugar de encontro para as distintas sensibilidades que habitan o Concello, segundo cóntanos o seu actual presidente Enrique Sampil.

Nun municipio como O Saviñao marcado polo envellecemento da poboación,a organización e constancia na convocatoria de actos culturais e recreativos, sen dúbida son a forza que manteñen o dinamismo do Círculo, grazas a ilusión e tesón dos seus socios e presidente Enrique Sampil.

circulo saviñao


1.Cando e por qué xurdiu a idea de crear o Círculo do Saviñao?

Xurde en 1958 polo interese que tiña a xente máis ilustrada do pobo de ter un local de reunión en Escairón onde tratar das cuestións que lles preocupaban e un lugar para realizar bailes de xeito máis digno que o local de sindicatos.

2.Ao longo distes anos, cal foi o acollemento que tivo o Círculo pola poboación do Concello e arredores ?

O Círculo tivo anos dunha enorme necesidade económica, polo que os socios máis comprometidos aportaron avais e traballo persoal para que ese proxecto chegase a bo fin. É posible que por esa razón os socios de vello vexan a esta sociedade como un proxecto vital seu, algo que merece a pena apoiar aínda que a xestión corra agora das mans de xente máis nova, a actual directiva. O número de socios poucas veces pasou de 300, e penso que nunca baixou de 200 aínda que levamos uns anos instalados nos 210 a 220 persoas asociadas. Unha cifra importante para un concello pequecho coma o noso.

3.Qué tipo de actividades se organizan? Van dirixidas sempre ao mesmo público? Os veciños involúcranse e participan ?

As actividades da nosa sociedade teñen moito que ver co seu espírito fundacional: ser un lugar de encontro para as distintas sensibilidades que habitan neste concello. Ó longo do ano, realizamos algunha conferencia, recitais, presentamos libros, DVDs ou curtametraxes de autores da nosa zoa, algunha obra de teatro, actuacións musicais, contacontos ou actuacións humorísticas, bailes por Fin de ano e polo Entroido, levamos editados 3 libros que titulamos“Circular polo Saviñao I, II e III”, media ducia de exposicións de pintores cada ano, algunha romaría anual e similares. Este pasado 2010 foron 30 os actos celebrados no ano.

Loxicamente, o público de cada tipo de actos é diferente. Procuramos ofrecer o que o noso público acepta e valora. Os veciños están afeitos a participar de forma importante se nos comparamos con vilas semellantes ou de maior tamaño. Cunha excepción: a xente mais nova, que pasa de nós e sempre que o intentamos nos resulta imposible acercala a calqueira tipo de acto, incluindo actuacións musicais, bailes e similares

4. Explíquenos a anécdota que lembre con máis agarimo ou máis curiosa ?

Lembro especialmente unha conferencia dun antigo ministro do interior en vésperas de entrar na cárcere de Guadalajara. Foi por nosa parte claramente un acto de apoio que contou coa aprobación veciñal e o rexeitamento das cúpulas. A veces somos uns Quixotes.

5.Despois de tanto tempo ao fronte do Círculo, cal é o seu balance? e cales son os futuros proxectos?

Debería de estar prohibido estar tanto tempo á fronte de nada. Pero estes “negocios” teñen poucos demandantes. O certo é que conseguín que sexamos un grupo de amigos quen dirixamos esta nosa asociación cultural e recreativa. Iso fai que non exista presión, que todos empuxemos no mesmo senso esta pequecha barca sen agobios e nas nosas horas libres. Creo que o balance destes 28 anos non é negativo. Nunha época en que pechan casinos e círculos de poboacións con máis habitantes que O Saviñao, manterse xa é un éxito. Que encima o fagamos con vitalidade, con actos e sendo creativos pois ó é moito máis. Outras sociedades se miran na nosa para cumprir coa súa función social. En definitiva, melloramos o noso local social dun xeito importantísimo e fixémolo tendo actividade cultural e social.

Para o futuro, non temos máis proxecto que seguir coa liña que traemos de atrás: actos para a xente, mellora dos locais e atención ós socios durante o ano.

6.Qué significa para vostede "O Saviñao" e o "Círculo do Saviñao"?

O Saviñao é o lugar onde vivo e no que fun un neno felicísimo, durante 6 anos tenente alcalde e outros 6 concelleiro da oposición. Creo ser realista se vos digo que a curto e medio prazo a súa poboación e a súa actividade económica seguirá descendendo. A despoboación é imparable e non sei se algo socialmente traumático a conseguiría frear. Pero a historia da humanidade non admite baleiros longos no mapa e algún día teremos novos habitantes nestas terras que, ó mellor, valoran os esforzos dos anteriores por preservar a memoria. O servizo destas terras e xentes é algo nobre aínda que non se busque recoñecemento social nin beneficio económico.

O Círculo é a miña segunda casa, o sitio que recordo sempre presente na miña vida desde que era chaval, e de xeito constante desde 1982 cando un grupo de rapaces asaltamos a directiva para intentar darlle dinamismo á vida lánguida na que nos parecía se estaba a caer. É un orgullo ter podido aportarlle algo e continuar a obra ilusionada dos socios fundadores. Hoxe, a nosa Sociedade é xa un lugar histórico de Escairón polo que levan pasado persoeiros fundamentais da historia de Galicia. E para min, un entorno que me enche e no que sigo a disfrutar.

7. Despois de editar o primeiro e segundo libro de “Circular polo Saviñao”, para conmemorar o 50 aniversario da entidade chega a terceira parte “Circular polo Saviñao III”. Qué podemos atopar nesta triloxía de libros, e na última publicación ?

Nos libros fixemos fincapé en que eran plurais e diversos como o é a nosa entidade. Xa pasan de 1.000 páxinas entre os tres dunhas 90 colaboracións tolerantes e cheas de interese. O lector pode atoparse arte, etimoloxía, a nosa historia, literatura, economía, ciencia, as nosas xentes e o noso patrimonio cultural. Son fundamentais para calquera estudio sobre o concello de O Saviñao.

Photobucket

No Circular III engadimos máis imaxes da nosa historia que nos anteriores, artigos sobre fútbol, patrimonio material e inmaterial, as árbores senlleiras, e tamén a nosa propia historia do Círculo Saviñao. E démoslle a palabra ós novos autores que van saíndo. Queremos ser un foro dos veciños que teñan algo que contar e dos que non o son pero que saben cousas sobre nós que merecen ser coñecidas e divulgadas.

8. Qué supuxo para vostede ser unha personaxe da novela “O Cabo do Mundo” de Xabier Quiroga?

Gustoume moito verme convertido en personaxe de ficción. Díxenlle ó autor que fixese o que quixese conmigo e melloroume moito. Gracias, Xabier.


Enrique,moitas grazas pola túa atención e estupenda entrevista.

11 jun 2010

O Saviñao


Ver mapa más grande

Orixe do nome Saviñao

O topónimo Saviñao procede do nome dun personaxe denominado “Sabinius”, de orixe romana, con poderes administrativos e xudiciais no territorio situado ao sur do río Sardiñeira.

O territorio de Licín extendíase desde a actual parroquia ata Moreda e Atán de Pantón. Nesta zona o personaxe romano con poderes de goberno era un tal “Licinius”.

Ao norte do río Sardiñeira ostentaba o poder outro personaxe chamado “Sardinarius”

Estes territorios formaban parte doutro de mayor entidade, o territorio dos “Lemavos”. Estamos a falar dos séculos IV e V despois de J.C.

É de supoñer que aquel “Sabinius” residise no lugar de Saviñao (Rebordaos), sito na conca do río Saviñao e, polo tanto, no ámbito da denominada “Ribeira Sacra”.

Os concellos datan en España dos anos 1835-45, anteriormente chamábanse xurisdicións.

O centro administrativo solía ubicarse no domicilio dos segredarios. O primeiro concello estivo en San Sadurniño de Piñeiró e trasladouse en datas posteriores a Vilamor, Santa Cruz de Vilelos, Marzán (Chave) ata que a finais do século XIX constituíuse definitivamente en Escairón.

As xurisdicións do chamado “antigo réxime municipal” anterior a 1830, dispoñían de poderes xudiciais ademáis dos administrativos. No territorio do actual concello de O Saviñao existían varias xurisdicións que variaron nos séculos anteriores según as veleidades dos centros de poder.

Poden mencionarse as seguintes xurisdicións: Diomondi, Vilasante, etc, así como as máis coñecidas de Saviñao e Sardiñeira, que se refundiron nunha sola no último período.

En ocasións estas xurisdicións dependeron doutras situadas noutros concellos. Por exemplo, por algún tempo Diomondi dependeu de Chantada.

Documentación: Enrique Pérez Losada

5 abr 2010

Por fin chegou a luz

La luz llegó a nuestro Concello alrededor del año 1945. La planta de luz estaba en Tarrío y daba electricidad a todo O Saviñao y también a las tierras de Lemos.

La fuerza era muy débil, quizás peor que la iluminación de una simple vela. Su fuerza era de 125.

El tendido eléctrico estaba revestido de lona, entrenzado y llevaba unos tacos blancos que se clavaban en las paredes. Todo a la vista. Las bombillas eran grandes de 25 y 40 voltios, que se compraban en Escairón en "O Vilariño". Se hacían servir los portalámparas que eran de forma redonda.

Antiguamente, las personas se iluminaban con cándiles de gas (eran de cristal) que se usaban para la casa, y las candelexas (candiles de lata ) las cuales estaban dentro de las linternas (llevaban 3 o 4 cristales por los lados y eran de lata),se utilizaban para ir a los establos.

Podemos deciros que las antiguas planchas de planchar la ropa eran de brasas.
Se calentaban soplando con un fuelle (era el de dar el azufre en las cepas) para que las brasas no se apagaran y se pudiera planchar la ropa.

27 feb 2010

Estadísticas


Poboación do Saviñao

Photobucket

Nacementos do Saviñao

Photobucket

Defuncións do Saviñao

Photobucket

O Saviñao

Para ir a nuestro Concello lo más fácil es llegar a Ponferrada hasta Monforte de Lemos,siempre por la carretera de Ourense.Una vez en Monforte por la CG-21 o LU-533 llegaréis a la capital:Escairon.
El segundo núcleo de población más importante es Currelos.


Photobucket
Photobucket
preme na imaxe

El corazón de nuestro concello son sus parroquias con sus pequeñas aldeas:

-San Xoán de Abuíme: 117 habitantes.
-Santo Tomé da Broza:185 habitantes.
-San Martiño da Cova:100 habitantes.
-San Sadurniño de Chave: 112 habitantes.
-San Paio de Diomondi: 180 habitantes.
-San Vicente Eirexafeita: 105 habitantes.
-San Lorenzo de Fión: 174 habitantes.
-San Fiz de Laxe: 55 habitantes.
-Santalla de Licín: 207 habitantes.
-Santiago de Louredo: 114 habitantes.
-Santa Maria de Marrube:152 habitantes.
-San Xulián de Mourelos:150 habitantes.
-Santa Maria de Ousende:221 habitantes.
-San Sadurniño de Piñeiro:296 habitantes.
-Santalla de Rebordaos: 121 habitantes.
-Santa Maria de Reiriz: 165 habitantes.
-San Estevo de Rivas de Miño: 57 habitantes.
-San Vitorio de Rivas de Miño163 habitantes.
-Santa Mariña de Rosende:100 habitantes.
-Santa Maria de Segán: 152 habitantes.
-Santa Maria de Seteventos:123 habitantes.
-San Xoán de Sobreda: 150 habitantes.
-San Xulián de Vilacaíz:182 habitantes.
-San Salvador de Vilaesteva:324 habitantes.
-San Salvador de Vilasante: 941 habitantes.
-San Xoán de Vilatán: 42 habitantes.
-San Martiño de Vilelos: 208 habitantes.
-Santiago de Xuvencos: 60 habitantes.
-Santa Cecilia de Freán: 54 habitantes.

Nuestros ríos son, a parte del Miño con su embalse, Sardiñeira,Saviñao,Pez,Barrantes y Porriño.

La economía principalmente es agrícola,vinícola y ganadera
.

Escairón alcanzó el título de Villa en el año 1968.