BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



Mostrando entradas con la etiqueta Sendeirismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sendeirismo. Mostrar todas las entradas

8 nov 2010

Os Muiños de Graña

Hacía un calor típico del mes de julio. Nos habían advertido que el lugar estaba abandonado, que quizás nos sería muy difícil poder acceder a él. No se equivocaron, Maleza, zarzas…Fue difícil llegar.

graña

En la carretera vieja, Monforte-Chantada, cerca del churrasco “Casa Pepe”, al lado derecho, encontramos los “Molinos de Graña”.

graña

No son los típicos molinos que os podáis imaginar, quizás los que también antes de verlos, nos imaginábamos nosotras.

graña

Eran y son propiedad de “Los Mallarizos” de Beleigán. En ellos se molía pan, centeno, trigo, cebada…

graña

graña

Hoy están totalmente en situación de abandono, sin que nadie se interese por ellos y por mantener limpio el lugar de acceso.

graña

graña

graña
graña

Antiguamente, las mujeres de Buxán, Fondo de Vila y alrededores, cuando el regato de la lavandeira, situado en la parroquia de Diomondi llevaba poca agua, iban al regato de Graña, situado por debajo de los molinos a lavar toda la ropa de invierno (mantas, colchones, sábanas..). Allí se pasaban el día lavando y secando la ropa. Comían allí e incluso se bañaban y lavaban la ropa que llevaban puesta, ajenas a las miradas de los curiosos.

En aquella época existían tres molinos: El de las cortes de Diomondi, el de Pesqueiras y el de Graña. Uno a uno fueron desapareciendo con la llegada de los molinos eléctricos y el último que quedó fue el de la zona de Chantada.

17 oct 2010

Sepulcro antropomorfo na parroquia de San Fiz de Laxe


Quedábanme tres días pra volver a Barcelona e aínda non fora á rocha da Pena dos Mouros.

Soamente Mariluz podía achegarme a ela, xa que sempre lembraba cando de pequena xogaba cos seus dous irmaos naquel oco do penedo que tiña forma alargada.

O ano anterior chamoume pra dicirme que publicárase nun xornal local unha reportaxe que informaba da existencia dun sepulcro antropomorfo no Saviñao que correspondía co enterramento dunha persoa adulta, e que desaparecera a tapa de pedra que o cubría.

O xornal engadía que os estudos históricos e arqueolóxicos distes sepulcros escavados nas rochas estendéronse na Galiza polo século VII, e relacionábanse co monaquismo medieval,bastante característico nos monumentos da Ribeira Sacra. Non había dúbida mencionábase o lugar do Moimento en Beleigán,e coincidía ca versión da avoa cando explicaba que naquela tumba foi enterrado un importante guerrilleiro morto en combate.

Pra alá marchamos as dúas, mentres teorizabamos sobre a verba “Moimento”. Quen nos dera un filólogo naquel intre !

Photobucket

Entre Beleigán e Meitriz atópase á esquerda ( vindo dende Beleigán) o camiño da Lavandeira. A maleza do sendeiro non nos permitiu avanzar, metémonos polo medio das fincas e saltamos un muro derruído pra poder chegar á zona boscosa. As zarzas e os rastroxos non deixaron que puidésemos atopar o noso tesouro arqueolóxico.

Canto botei en falta a desbrozadora de Juan!!!

Non debemos esquecer que a falta de conservación do noso patrimonio leva consigo a perda total da nosa identidade histórica, empobrece o noso pensamento e a comprensión do que somos hoxe en dia.


Jose Losada enviounos estas fotografías pra que poidamos coñecer mellor o extraordinario resto arqueolóxico do noso pasado histórico.

Photobucket



Photobucket


Photobucket

Grazas Pepe

5 oct 2010

A Pena Furada: O Corral dos Mouros

Sempre soubemos da súa existencia, máis nunca averiguamos nin mostramos interese algún polo seu siñificado. Referímonos a “A PENA FURADA”. Pra nós era o lugar elexido cada mes de Xulio pra disfrutar da subida a Chantada. Dende ela a vista hacia o outro lado é espectacular.

PENA FURADA
Vista dende "A Pena Furada".


¿Escoitastes a lenda que circula ao seu redor? Misterios, restos arqueolóxicos de dudosa procedencia…

Estamos na aldea de Galegos (parroquia de Diomondi). Decidimos facer o recorrido a pe e disfrutar do camiño.

PENA FURADA

PENA FURADA
Cando chegamos ao cruce, seguimos en liña recta.

Juan de xeito desinteresado ofreceuse a acompañarnos e ir limpándonos o camiño pra poder acceder . Luís é noso guía. Sabemos que non podiamos elexir mellor. Polo camiño, rodeado a ambas beiras de acacias, vainos explicando todo o que sabe acerca do lugar.

PENA FURADA PENA FURADA
Ó chegares quédamonos impresionadas. Ante nós, á beira esquerda do camiño, asoma unha especie de refuxio natural formado por varios penedos, rodeado de castiñeiros e carballos.

PENA FURADA

Noso guía, explícanos que non fai moito foron atopados varios restos de cerámica pertencentes quizáis á época dos castros e tamén unha pedra tallada con forma de ferramenta.

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA

¿Un refuxio? ¿Unha cova pra pastores? É difícil de precisar. É un gran penedo de forma ovalada a cal apóiase sobre outras dúas de menor tamaño. A súa capacidade é reducida, máximo dúas persoas.

No seu interior e agachadas, observamos as súas paredes. Nunha delas, parécenos ver unha pequena capela. Tamén distinguimos unhas pegadas.

PENA FURADA

PENA FURADA

PENA FURADA
Pegadas e o que cremos que é unha capela.

Luís fai mención a unha fonte preto do lugar, abandoada dende fai aprox. 100 anos e utilizada pra o rego das viñas. O máis seguro é que quizáis tivera relación coa cova.

Luís dinos: Agora podedes decir que estivestes no “ O CORRAL DOS MOUROS”.

Mouros???

Acto seguido explícanos a historia de Isabeliña, unha nena pequena a cal desapareceu do lugar de Galegos. Ao preguntar por ela, a xente contestaba:

-Isabelita, Isabelón, foi derretida en aceitón. Creíase que os mouros leváranna.

Cremos que é un lugar que merece a pena visitar. Nos disfrutamos e descrubrímolo.
Invitamosvos a todos tamén a descrubrila.

Unha aperta a Juan e Luís polo tempo que nos dedicaron e o interese que mostraron en todo momento.

4 sept 2010

Percorrido pola Ribeira Sacra: de Belesar a Nogueira do Miño



Poucas veces temos a posibilidade de trasladarnos ao escenario das páxinas dun libro: "O Cabo do Mundo" de Xabier Quiroga.

Da letra á realidade, o club ciclista AlamBIKE CC fixo un percorrido por lugares fermosos da ribeira do río Miño ata chegar ao CABO DO MUNDO.


A conquista d´O CABO DO MUNDO, tralas pegadas dos Fuxidos ou derradeiros guerrilleiros

“Sempre andas co raio do macuto ás costas, non descansas, bo castigo tés, se algún traballo hai no mundo,o de viaxar é un, está escrito, por iso te trae o mundo así, de dornas para piornas, escarallado, andando dun sitio para outro, andando por aí adiante, vas para os infernos, o mellor é estar calado que despois veñen as guerras civís e matan ós que andan investigando.
O que vale é ter o pico calado. Sempre humildes, deica a fin da vida. Deica a morte non protestar. Ó boi escornón nunca lle faltou cornada. Por moito que bailen, os mandos mandan e mandarán. Se o río corre para baixo, déixao correr.”

EMILIO ARAÚXO
(recollido en Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra)


A) PLAN CICLISTA

CHANZO 1 (10 km): De San Fiz de Asma a Santo Estevo de Ribas de Miño.

1.-Campo da Igrexa de San Fiz de Asma (deixamos os coches e collemos as bicicletas).
2.-Igrexa románica de San Fiz de Asma (xoia do románico; no cemiterio de San Fiz de Asma: tumba d´O Piloto)
3.-Castro de San Fiz.
4.-Baixada pola ribeira (ata a Igrexa vella de Pesqueiras e regato de Choupán, onde mataron ao Piloto).
5.-Encoro de Belesar (a magna obra do franquismo) e Club Náutico.
6.-Pena de Abeado (refuxio d´O Narote).
7.-Pola ribeira do Saviñao ata Pesqueiras (pobo típico).
8.-Subida ata a Abadía de Santo Estevo (propiedade privada,restaurada e pechada, entre soutos e vereas).
9.-Baixada a Santo Estevo de Ribas de Miño.

CHANZO 2 (5 km): De Santo Estevo a Belesar polos Cóbados.

10.-Subida ata a aldea de Galegos, coas escorras do Miño á dereita.
11.-Pazo das Cortes (privado).
12.-San Paio de Diomondi, Pazo bispal.
13.-Baixada polos Cóbados de Belesar ata o pobo.Baixada perigosa da ribeira polos Cóbados de Belesar (tres enormes curveiras de vella calzada romana, logo Camiño Real) que nos achegan ao fermoso pobo e ponte de Belesar (une os concellos de Chantada e O Saviñao).

CHANZO 3 (4 km): De Belesar a Portotide: pola dereita ou pola esquerda?

14.-opción a)Fácil: asfalto do Saviñao,de paseo entre Belesar e a seguinte ponte: Portotide.
opción b)Máis longa e dura: verea entre muras do concello de Chantada.
15.-Atravesamos o Pousadoiro e a aldea de Pincelo (os da opción b)
16.-Ponte de Portotide (os da opción a) atravésana, e xuntaranse cos da b).Ao fondo xa se adiviña o Cabo do Mundo.

CHANZO 4 (15 km): De Pincelo ao alén ou a Conquista do Cabo do Mundo.

17.-Fermoso carreiro entre a ponte de Portotide e a Veiga. (visión da casa do falanxista)
18.-Asfalto no Cabo do Mundo:o tramo do 15% en 1´5 quilómetros e outros 3 de pista nova.
19.-Entre os piñeiros do Cabo do Mundo ata Cartemil.
20.-Asfalto con subida final ata Nogueira do Miño, capital da parroquia chantadina.
21.-Subida a Pedrigo e atravesamos o corazón do cabo do Mundo polo Monte do Navallo.
22.-Regreso desde o Cabo do Mundo-A Veiga-Portotide ata Pincelo

Os que queiran pasearán ata a Veiga e subirán a Pedrido.Pódese visitar a Fervenza de Fondós e o Penedo do Graúllo.


Photobucket



Mírao como queiras. É o Cabo do Mundo. Coa ruta trazada ou desde o outro lado. Terra de fuxidos, de falanxistas, de viños e xente arrecha. De aquí aos Peares, o Miño parece non querer andar.

Photobucket



Moitas grazas Xabier.

17 ago 2010

Ruta ata Belesar

Photobucket

Photobucket

Dende A Bugalla, baixando polo camiño que lévanos a aldea do Castro, atopamos un cartel que marca un sendeiro que antigamente facíase para chegar ata Belesar. Tal como indica a sinal é una hora e trinta cinco minutos camiñando, onde gozaremos da paisaxe e coñeceremos un fermoso espazo natural do Concello.


Photobucket