BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,


na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e


hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.


Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.


Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,

os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,


o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.



Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico :


amaxiadosavinhaoegaliza@yahoo.es, para participar no proxecto.


25/03/2012

A banda de Segán



En Galicia sempre existiu unha importante tradición de Bandas de Música populares. A súa orixe remóntase á segunda metade do século pasado, a consecuencia de movementos asociacionistas liberais e da unificación de pequenas agrupacións musicais que pretendían achegar a música ao pobo, que ata agora era o privilexio duns determinados estamentos da alta sociedade.


Aquelas Bandas de Música estaban compostas basicamente por instrumentos de vento (metal e madeira) e de percusión.

A Banda de Segán comeza a súa andaina antes da Guerra Civil, tal como explica un dos seus compoñentes, Emilio López, nado en Segan un 18 de xaneiro de 1923. Eran rapaces xoves que proviñan das parroquias de Segán e San Vitorio.

Photobucket

O noso protagonista recorda moi ben ao seu Director o Sr Emilio que púxose ao fronte da Banda de Segán.Máis tarde, o seu sobriño tamén chamado Emilio fíxolle a competencia ao tío creando outra Banda do mesmo nome.

Os mellores músicos e os maiores quedáronse na Banda Vella de Segán, aínda que a xente do Saviñao por ser a novidade gustáballe máis a Banda Nova.

A Academia de música atopábase na casa do Celestino en Segán, un centro de aprendizaxe musical onde acudían os rapaces da aldea para adquirir coñecementos de solfexo e de dominio dun instrumento. O mestre era un membro da Banda Vella.

Os anos difíciles da Guerra Civil provocan a desaparición da Banda de Segán, e de algún dos seus compoñentes que morren ao fronte.

Cando rematou a guerra, os músicos das dúas Bandas xuntáronse, mais ao pouco tempo volvéronse a dividir na Banda Vella e a Nova de Segán.

Emilio López, que tocaba o baixo na Banda Vella de Segán, lembra con moito agarimo aos seus compañeiros de música:

Entre eles ao director Emilio, ao seu fillo Celestino, ao trompeta chamado Fermín e a outro trompeta coñecido como Pepe de Porto. Tamén falounos de dous compañeiros da casa de Sabugueira, Benigno e Guillermo. A Guillermo que era moi bo músico, Emilio viuno fai pouco en Galicia.

No 1944 Emilio López fixo o servizo militar en Vilagarcia, e en xullo cando veu de permiso un mes ao Saviñao, xuntáronse de novo as dúas bandas. Foron tocar o 25 de xullo a Escairón, non tiñan director, e Manuel Fontán, fillo dun director dunha Banda de Monforte, púxose ao fronte da banda aqueles días.

Emilio cóntanos que cando estábase formando unha banda en Currelos, a Banda de Segán non quixo formar parte dela. Aquelo foi o principio do final, xurdiron diverxencias entre os compoñentes, e acabouse disolvendo a Banda de Segán polos anos 50.

Algúns dos músicos non estaban conformes que rematara a Banda, e grazas ao trompeta Fermín, xuntáronse uns sete compoñentes para facer concertos. Desta maneira creouse unha Orquesta que amenizou as festas con música de baile dende o ano 1950 ata o 1955. Naquela Orquesta tocaba Emilio o seu baixo, e Guillermo (que hoxe vive en Galicia) o trombón. Unha vantaxe que recorda Emilio, era que ao ser menos membros tocáballes máis diñeiro a repartir entre eles. Aquelo non pasaba ca Banda, xa que cando tocaban as dúas xuntas eran cerca de trinta persoas.

PhotobucketFoto das dúas Bandas xuntas, na plaza de Segán (1945-1946)


A música da Banda de Segán foi escoitada en moitas festas das aldeas do Saviñao: Segán, San Vitorio, Villaesteva, Vilacaiz,Vilatán, Reiriz, Sobreda, San Martiño, Fondo de Vila, Pesqueiras, Mourelos, e Fión, entre outras. En Arxeriz almorzaban e comían con Xan de Forcados.


Se os chamaban tamén tocaban fora do Saviñao: Navia de Suarna, Toiriz (de Lemos), San Fiz de Chantada (tamén foron tocar como Orquesta), Pedrafita, Viladecavalos, As Neves, Santa Eulalia de Bóveda, e no Concello de Taboada: Esperante, Fradé e Friamonde.

PhotobucketNavia de Suarna (1948-1949)


Emilio lembra cando ían andando dende o Saviñao para tocar nunha das Romarías máis importantes e multitudinarias da zona, a da Nosa señora do Faro. Cruzaban o río Miño en barca dende Porto, e na volta por Pincelo. Pasaban polo monte das Queitas para chegar a Sobredo.Despois collían a estrada das Tilleiras ata Requeixo, onde durmían todos os días. O dia 7 de setembro pola mañá, ca Virxe de Guadalupe dirixíanse ata o monte do Faro. Tanto o 7, 8 e 9 tocaban na misa, pola tarde amenizaban a festa, ao chegar a noite durmían outra vez en Requeixo. O último dia baixaban de novo a Virxe a Requeixo.

As pezas de música que tocaban eran populares e coñecidas (valses, pasodobres,obras...). Incluso cando tocaron como Orquesta cantaban algunhas cancións, unhas das pezas de maior éxito chamábase “Lemos” e o coro dicía así: “Lemos país de alegría, Lemos tierra de ilusión, Lemos te llevo gravado en el corazón…”


Desexamos agradecerlle a Emilio López a súa amabilidade en compartir connosco un anaco da súa vida, e de lembrarnos a ilusión daqueles xoves do Saviñao que nos tempos difíciles da posguerra contribuíron a divulgar a música polas nosas aldeas, impregnando de alegría a vida cotiá de todos os veciños do Concello.

PhotobucketEmilio marchou a Barcelona, mais sempre mantivo en activo a súa paixón musical,xa que formou parte da Banda de Música da Bonanova,na que tocou dende o ano 70 ata o 76.Fotografía en Arenys de Munt(1973).

Moitas grazas a Inés González.

15/01/2012

Castro Candaz

Photobucket

Na parroquia de Santa Eulalia de Pedraf¡ta, e a "legua" e medio desta vila, entre elevadas cumes, illado de toda poboación e asentado entre as tres correntes dos ríos Miño, Sobrado e Chorente, atopamos o Castro Candaz, esta lendaria construción que só é visible unhas poucas semanas ó ano.

Photobucket

Nos seus orixes, situado nun punto estratéxico seria de defensa contra os naturais, naqueles tempos que os indomables lusitanos, galegos, cántabros e vascóns mostraban a súa valentía contra a despótica Roma loitando continuamente por a súa opresión.

Deixando atrás este épico escenario de resistencia, de caída e vitoria contra os normandos, mostrando o funcionamento e actividades a levar a cabo neste histórico levantamento.

Ferreiros esculpindo ferramentas, ca mesma intensidade que os oleiros moldean barro, cas mesmas mans que o talabarteiro curte o coiro e ca mesa destreza que conseguen o sustento día a día.

Todo isto é o que acontece tras o fermoso arco que nos recibe e nos convida a traspasar fronteiras deste lugar cheo de lenda.

Photobucket

Photobucket

Desde que se construyó el embalse de Belesar, este singular paraje se encuentra sepultado bajo las aguas del Miño de forma prácticamente permanente. Solo en años de fuertes estiajes el cauce baja lo suficiente como para dejar al descubierto el promontorio. Eso es lo que ha sucedido este año, pero no a causa de la sequía, sino de las obras realizadas en la presa por Gas Natural Fenosa, que han mantenido el agua a niveles excepcionalmente bajos durante varios meses.


Fotografías: Jorge Lage.
Texto: Folión de Carros de Chantada. Carro nº 7 ( 27 agosto 2011)

Máis información na páxina do Concello de Chantada: http://www.concellodechantada.org/concello_historia6.htm


05/01/2012

Os Reis Magos

Hoxe, día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Saviñao para que tódolos cativos e cativas do municipio poidan entregarlle as súas cartas e reciban un pequeno agasallo da man das súas maxestades.


reyes magos
HORARIO E PERCORRIDO:

• 17.00 h: Chegada dos Reis Magos ao Centro Sociocultural de Currelos.

• 19.00 h: Os Reis Magos percorrerán as rúas de Escairón coa tradicional tira de caramelos.

• 19.15 h: Parada na Igrexa de Escairón para ver ó Neno Xesús e deixar ós seus
pés as súas ofrendas: ouro, incenso e mirra.

• 20.00 h: Chegada do Reis de Oriente ó Auditorio Municipal onde entregarán un agasallo a tódolos nenos e nenas e recibirán as súas cartas.

24/12/2011

Feliz Nadal

A "Maxia do Saviñao e Galiza" deséxavos un Feliz Nadal e aninovo 2012.


Nadal 2012

19/12/2011

Fotografías de Outono


Remata o outono.
Algunhas aves emigran a terras máis quentes, os esquíos enchen a súas despensas para pasar o inverno, e os insectos, unha vez postos os ovos que abriranse na primavera, morren polo frío.

A paisaxe amosa cores vermellos, castaños, verdes, amarelos e pardos, iluminados por unha luz máis melosa e tenue. As devesas cheas de mantos de follas agochan criaturas que subsisten nun universo de vida, antes do letargo inverno.

O Outono implica sabores e aromas (marmelos, castañas, noces, cogomelos, viños novos, sidra...) e festas gastronómicas como o Magosto e o San Martiño.

O proceso do ecosistema segue o seu curso vital, a xeada e a néboa xa están eiquí.


Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket


Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket


Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket


Fotografí
a de Jorge Lage