BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico :
amaxiadosavinhaoegaliza@yahoo.es, para participar no proxecto.



15 ene. 2012

Castro Candaz

Photobucket

Na parroquia de Santa Eulalia de Pedraf¡ta, e a "legua" e medio desta vila, entre elevadas cumes, illado de toda poboación e asentado entre as tres correntes dos ríos Miño, Sobrado e Chorente, atopamos o Castro Candaz, esta lendaria construción que só é visible unhas poucas semanas ó ano.

Photobucket

Nos seus orixes, situado nun punto estratéxico seria de defensa contra os naturais, naqueles tempos que os indomables lusitanos, galegos, cántabros e vascóns mostraban a súa valentía contra a despótica Roma loitando continuamente por a súa opresión.

Deixando atrás este épico escenario de resistencia, de caída e vitoria contra os normandos, mostrando o funcionamento e actividades a levar a cabo neste histórico levantamento.

Ferreiros esculpindo ferramentas, ca mesma intensidade que os oleiros moldean barro, cas mesmas mans que o talabarteiro curte o coiro e ca mesa destreza que conseguen o sustento día a día.

Todo isto é o que acontece tras o fermoso arco que nos recibe e nos convida a traspasar fronteiras deste lugar cheo de lenda.

Photobucket

Photobucket

Desde que se construyó el embalse de Belesar, este singular paraje se encuentra sepultado bajo las aguas del Miño de forma prácticamente permanente. Solo en años de fuertes estiajes el cauce baja lo suficiente como para dejar al descubierto el promontorio. Eso es lo que ha sucedido este año, pero no a causa de la sequía, sino de las obras realizadas en la presa por Gas Natural Fenosa, que han mantenido el agua a niveles excepcionalmente bajos durante varios meses.


Fotografías: Jorge Lage.
Texto: Folión de Carros de Chantada. Carro nº 7 ( 27 agosto 2011)

Máis información na páxina do Concello de Chantada: http://www.concellodechantada.org/concello_historia6.htm


No hay comentarios: