BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



Mostrando entradas con la etiqueta Contos das nosas aldeas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contos das nosas aldeas. Mostrar todas las entradas

13 nov 2010

O Castro de Mourelos


O castro de Mourelos ofrece unha ampla vista panorámica do Miño, e garda lendas e misterios do pasado.


Contan que un veciño de Portotide foi cortar leña ao castro de Mourelos, e de súpeto aparecéuselle un enorme becerro, que díxolle:

-Sálvasme ou mátote !

O home aterrorizado deulle un machetazo no medio da cachola, deixando morto ao animal.
Ao morrer o becerro transformouse nunha fermosa rapaza, sendo os mouros do castro quenes fixeran tan malévolo encantamento, tal como pronunciou aquela beleza de muller.

O leñador casou ca rapaza, viviron felices e cheos de riquezas.


O conto foi recollido no libro:”Hadas” de Jesús Callejo

7 may 2010

A historia de Isabeliña

Os Mouros e os seus contos forman parte dos relatos que os vellos do lugar máis coñecen. Non son os musulmáns, senón eses seres míticos que habitan nos castros e construcións de pedra, precristiáns asociados con antigas crenzas dos galegos.

A miña historia favorita é a de Isabeliña, que se explica en moitas das parroquias do Saviñao con nomes diferentes pero co mesmo final.

A historia de Isabeliña


Érase unha vez, unha rapaza que viña de moer no muíño, e po-lo camiño escoitou cantar unha voz moi fermosa; a rapaza seguiu á voz ata que chegou ó pe do regato da Lama de Diomondi.

Photobucket

Viu unha moura, pequeniña, moi escura, de cabelo longo e cor dourado, vestida cun traxe luxoso, cheo de pedras bailantes cosidas na tea. A moura estaba sentada nunha pedra, a carón do regato, mentres peiteaba o seu cabelo cun peite de ouro.

A moura rematou de cantar de súpeto, e desapareceu da pedra, aparecendo ás costas da rapaza, e díxolle: - Isabeliña, ti quereríasme peitear o cabelo con este peite de ouro ?

A rapaza, aínda sorprendida, preguntoulle: –e quen é vostede?, repúxolle a moura: - o meu nome non cho podo dicir, pero son a raíña dos mouros, e se fas o que che digo, eiche de dar un bo agasallo.

A rapaza púxose a peitear o cabelo da moura co peite de ouro, pero deulle por tusir un pouco, e tusiulle na cabeza. A raíña dos mouros revirou a testa e díxolle moi incomodada :- tuse pra outro lado, que non quero que me bautices cristián co teu cuspe !

Cando Isabeliña rematou a súa labor, a raíña dos mouros deulle un pano bordado con algo dentro, moi pesado, e díxolle: -Vaite, e non o abras ata chegar a casa, nin lle contes isto a ninguén, pois as de vir tódolos días a peitearme, e se cumpres o que che dixen, eiche dar un agasallo igual.

Isabeliña marchou pra casa, acatando a promesa, pero coa curiosidade no corpo. Cando chegou, abriu o pano e asombrada, mirou que dentro viñan tres relucentes moedas de ouro.

Isabeliña foi tódolos días a peitear á raíña dos mouros, e viña pra casa co pano e as tres moedas de ouro dentro, ata que un día, a súa mai preguntoulle de onde viñeran tantas moedas, e Isabeliña tivo que confesarllo.

O día seguinte, Isabeliña foi de novo visitar á moura, coa cabeza baixa por ter faltado a súa promesa.

Non voltou máis pra a aldea. A xente do lugar xuntouse pra ir á procura da rapaza, berrando: -foron os mouros, foron os mouros !

Cando chegaron á beira do regato escoitaron cantar:

A Isabeliña, Isabelón,
por lingoreteira,
está na miña barriga,
fritida en aceitón.



REGATO DA LAMA

E nunca máis apareceu Isabeliña nin as moedas.Os tratos hai que cumprilos sempre.

REGATO DA LAMA

Fermoso conto recollido por Ismael Fuentes

25 feb 2010

Aprende-lo oficio de costureira

A miña mai dicíame que tiña que ir coser xunto a señora Herminia.Tódolos días pola tarde camiñaba de Buxán hasta Galegos , e nos xuntábamos varias rapazas de quince a vinte anos que aprendiamos o oficio de costureiras axudando no seu traballo a señora Herminia. Outras veces marchaba camiñando a Escairón ó taller de costura da miña prima Alicia , que tiña o título de corte e confección, e me ensinaba a facer roupa para os seus clientes : vestidos, abrigos ,camisas e roupa de muller.

Photobucket

Nesta foto era o tempo da malla, xa que estou ó lado de Herminia ( a segunda á dereita ) , e detrás noso a máquina de airear o grao.

E.Varela

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket
Máquina de coser de principios do século XX


Cantiga do grupo FUXAN OS VENTOS do seu disco Noutrora

A COSTUREIRA

Costureira bonita,
¿donde te-los teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados
para poñer ós domingos.

Costureira bonita,
dime donde te-la cama.
No puleiro das galiñas
nunha presiña de pallas.

Costureira bonita
dime donde te-lo niño.
Nun carballo da Illana
no mais alto ramalliño.

Costureiriña bonita,
¿donde garda-los melindres?.
Téñoos na hucha gardados
para comer ós domingos.

O amor da costureiriña
era papel e mollouse;
agora costureiriña
o teu amor acabouse.