BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



2 nov 2012

Equipo de fútbol da parroquia de Marrube

 
C. F. Marrube foi o 2º clasificado, ademais de equipo menos goleado no 1º Campionato de verán do Saviñao que se celebrou en Escairón- a foto é nise campo- no ano 1971.
 
Photobucket O equipo de esquerda a dereita; Toño, Argentino, Ángel, Lemos, Torrisco, e Gonzalo; agachados, Paradela, Toño II, Luis, Varela, e Jorge. Outros xogadores do equipo eran: Luis do Picha, Faustino, Toño III, Coté, Moreiras Pirri, Vieitez, e Manolito do Carballiño.

A camiseta era a relas verticais verdes e brancas, e o pantalón de "deseños diferentes" como se pode ver na foto. En posteriores campionatos contamos con outros xogadores como O Santiago de Navallos, O Suso do Picha, Kopa, Palacios, Eiriz de Monforte, Moure de Diomondi, e Suso que estaba en Alemania. Seguro que deixo algún. Conto coa colaboración dos que poidan aportar datos.

 Iste campionato organizado por unha comisión formada por un grupo de entusiastas de Escairón- quero ter un recordo especial para o Etelvino do Carriola, un dinamizador fundamental- xunto co Manolo do Primitivo, O Pablo do Botas, O Carballo e outros que agora non recordo, coa colaboración de representantes das distintas parroquias participantes.

 Os equipos das parroquias estaban reforzados por dous xogadores de Escairón.


Texto e fotografía de Gonzalo e Esther Losada.

No hay comentarios: