BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



5 ene 2012

Os Reis Magos

Hoxe, día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Saviñao para que tódolos cativos e cativas do municipio poidan entregarlle as súas cartas e reciban un pequeno agasallo da man das súas maxestades.


reyes magos
HORARIO E PERCORRIDO:

• 17.00 h: Chegada dos Reis Magos ao Centro Sociocultural de Currelos.

• 19.00 h: Os Reis Magos percorrerán as rúas de Escairón coa tradicional tira de caramelos.

• 19.15 h: Parada na Igrexa de Escairón para ver ó Neno Xesús e deixar ós seus
pés as súas ofrendas: ouro, incenso e mirra.

• 20.00 h: Chegada do Reis de Oriente ó Auditorio Municipal onde entregarán un agasallo a tódolos nenos e nenas e recibirán as súas cartas.

No hay comentarios: