Remata o outono. Algunhas aves emigran a terras máis quentes, os esquíos enchen a súas despensas para pasar o inverno, e os insectos, unha vez postos os ovos que abriranse na primavera, morren polo frío.
A paisaxe amosa cores vermellos, castaños, verdes, amarelos e pardos, iluminados por unha luz máis melosa e tenue. As devesas cheas de mantos de follas agochan criaturas que subsisten nun universo de vida, antes do letargo inverno.
O Outono implica sabores e aromas (marmelos, castañas, noces, cogomelos, viños novos, sidra...) e festas gastronómicas como o Magosto e o San Martiño.
O proceso do ecosistema segue o seu curso vital, a xeada e a néboa xa están eiquí.
Fotografía de Jorge Lage
No hay comentarios:
Publicar un comentario