BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



5 feb 2011

Unha "revolta da fame" na Galicia do primeiro franquismo: O Saviñao

Desexamos compartir convosco un interesante estudo da historiadora Maria Jesús Souto Blanco, duns feitos que sucederon na primavera do 1946 no Saviñao.


Photobucket



Unha protesta reactiva de mulleres que reclaman o seu dereito revocado de autoabastecemento: unha verdadeira “revolta da fame”.

http://publicaciones.ua.es/filespubli/pdf/15793311RD29977639.pdf


1 comentario:

Soto dijo...

Un traballo moi exhaustivo o realizado por Maria Jesús Souto Blanco.Matizo o de exhaustivo ,non soi polo feito en si da protesta das mulleres do Saviñao pola marcha do seu producto almacenado no Concello ,sinon tamén ,polo que isto significaba con respecto ao medo que tiña o Reximen nesas concretas datas ao seu propio de debilitamento ,xa que non as tiñan todas consigo,de ahi, as posturas ambiguas( nas relacións cos fuxidos por si a situación daba a volta) como extratexia ante a forza das Guerrillas e a caida de Mussolini.
Dase neste estudo unha " unha filosofia socioloxica do que representaba politicamente ou non a revolta contra a fame",si no fondo "latexa algo mais" como rebeldia de xusticia sociae ou non ,ou era soamente supervivencia fisica ante a fame.No caso de Escairon ,parece que habia unha corrente socialista bastande defenida ,o cal podia facer mas xustificado o reclamo das mulleres ante a inxusticia sociae que se pretendia facer co gran acumulado no concello.
Considero moi importante e imprescindible reflexar este acontecemento no Blog ,xa que así coñecese a verdadeira historia daqueles tempos ;un concello,as suas xentes, teñen que ter asumida toda a sua memoria, e imprecindible e naturae.
Moitos bicos e apertas agarimosas para a Maxiadosaviñao,Montse,Pili e Carmen
Xose Cerdeira Soto