BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



26 feb 2011

Actividades do Entroido do Saviñao 2011

Como cada ano no Concello do Saviñao celébrase a festa do Entroido, e programáronse diversas actividades para todas as idades:

1. Obradoiros na Biblioteca Municipal do Saviñao para nenos de idades de 7 a 12 anos.


Día 2 marzo: Obradoiro de Comadres

Día 4 marzo: Obradoiro de Máscaras

O horario dos obradoiros é de 17.30 a 18.30 horas.

Os interesados en participar, deberán anotarse na biblioteca ata 2 días antes das actividades, para que os materiais dispoñibles abonden para todos. As actividades só se farán se hai un mínimo de 8 persoas anotadas.

Agradécese a colaboración dos asistentes para os obradoiros de Compadres e Comadres traendo pezas de roupa inservibles para a súa elaboración.


Photobucket



2. O martes 8 de marzo dia de vacacións local, a festa terá comezo a partir das 16:30 horas para a concentración de disfraces e comparsas na Rúa Amando Losada.

Ás 17:00 horas comeza o desfile do Entroido percorrendo as principais rúas da cidade.

A partir de 17:30 horas celebrarase a festa do Entroido na marquesiña situada en Escairón, festa amenizada polo Dúo Camelia e unha Banda de Gaitas.

Ás 18:30 horas, gran pancetada e chocolatada para todos os participantes.

Para rematar o día ás 20:00 horas procederase a entrega de premios aos mellores disfraces nas diferentes categorías.

No hay comentarios: