O Círculo do Saviñao xurdiu o 21 de decembro do 1958 para dar saída as aspiracións culturais e recreativas dunha parte da xente do Concello. A sociedade foi presidida por José Ramón Seoane Rocha, e xunto a Ramón Mariño Curto, Mario López Fernández, Pablo Rodríguez García, José Mariño Curto, José Martínez Fernández, Juan Bautista Dapena Eyré e Antonio Varela Quiroga, encargáronse de atopar uns terreos onde levantar a sede social, proxecto que contou co apoio doutros socios.A sociedade constituíuse na rúa Pardo Bazán de Escairón.
Hoxe en dia segue co seu espírito fundacional, programando actividades que fan que O Círculo do Saviñao sexa unha sociedade extremadamente viva,un lugar de encontro para as distintas sensibilidades que habitan o Concello, segundo cóntanos o seu actual presidente Enrique Sampil.
Nun municipio como O Saviñao marcado polo envellecemento da poboación,a organización e constancia na convocatoria de actos culturais e recreativos, sen dúbida son a forza que manteñen o dinamismo do Círculo, grazas a ilusión e tesón dos seus socios e presidente Enrique Sampil.
1.Cando e por qué xurdiu a idea de crear o Círculo do Saviñao?
Xurde en 1958 polo interese que tiña a xente máis ilustrada do pobo de ter un local de reunión en Escairón onde tratar das cuestións que lles preocupaban e un lugar para realizar bailes de xeito máis digno que o local de sindicatos.
2.Ao longo distes anos, cal foi o acollemento que tivo o Círculo pola poboación do Concello e arredores ?
O Círculo tivo anos dunha enorme necesidade económica, polo que os socios máis comprometidos aportaron avais e traballo persoal para que ese proxecto chegase a bo fin. É posible que por esa razón os socios de vello vexan a esta sociedade como un proxecto vital seu, algo que merece a pena apoiar aínda que a xestión corra agora das mans de xente máis nova, a actual directiva. O número de socios poucas veces pasou de 300, e penso que nunca baixou de 200 aínda que levamos uns anos instalados nos 210 a 220 persoas asociadas. Unha cifra importante para un concello pequecho coma o noso.
3.Qué tipo de actividades se organizan? Van dirixidas sempre ao mesmo público? Os veciños involúcranse e participan ?
As actividades da nosa sociedade teñen moito que ver co seu espírito fundacional: ser un lugar de encontro para as distintas sensibilidades que habitan neste concello. Ó longo do ano, realizamos algunha conferencia, recitais, presentamos libros, DVDs ou curtametraxes de autores da nosa zoa, algunha obra de teatro, actuacións musicais, contacontos ou actuacións humorísticas, bailes por Fin de ano e polo Entroido, levamos editados 3 libros que titulamos“Circular polo Saviñao I, II e III”, media ducia de exposicións de pintores cada ano, algunha romaría anual e similares. Este pasado 2010 foron 30 os actos celebrados no ano.
Loxicamente, o público de cada tipo de actos é diferente. Procuramos ofrecer o que o noso público acepta e valora. Os veciños están afeitos a participar de forma importante se nos comparamos con vilas semellantes ou de maior tamaño. Cunha excepción: a xente mais nova, que pasa de nós e sempre que o intentamos nos resulta imposible acercala a calqueira tipo de acto, incluindo actuacións musicais, bailes e similares
4. Explíquenos a anécdota que lembre con máis agarimo ou máis curiosa ?
Lembro especialmente unha conferencia dun antigo ministro do interior en vésperas de entrar na cárcere de Guadalajara. Foi por nosa parte claramente un acto de apoio que contou coa aprobación veciñal e o rexeitamento das cúpulas. A veces somos uns Quixotes.
5.Despois de tanto tempo ao fronte do Círculo, cal é o seu balance? e cales son os futuros proxectos?
Debería de estar prohibido estar tanto tempo á fronte de nada. Pero estes “negocios” teñen poucos demandantes. O certo é que conseguín que sexamos un grupo de amigos quen dirixamos esta nosa asociación cultural e recreativa. Iso fai que non exista presión, que todos empuxemos no mesmo senso esta pequecha barca sen agobios e nas nosas horas libres. Creo que o balance destes 28 anos non é negativo. Nunha época en que pechan casinos e círculos de poboacións con máis habitantes que O Saviñao, manterse xa é un éxito. Que encima o fagamos con vitalidade, con actos e sendo creativos pois ó é moito máis. Outras sociedades se miran na nosa para cumprir coa súa función social. En definitiva, melloramos o noso local social dun xeito importantísimo e fixémolo tendo actividade cultural e social.
Para o futuro, non temos máis proxecto que seguir coa liña que traemos de atrás: actos para a xente, mellora dos locais e atención ós socios durante o ano.
6.Qué significa para vostede "O Saviñao" e o "Círculo do Saviñao"?
O Saviñao é o lugar onde vivo e no que fun un neno felicísimo, durante 6 anos tenente alcalde e outros 6 concelleiro da oposición. Creo ser realista se vos digo que a curto e medio prazo a súa poboación e a súa actividade económica seguirá descendendo. A despoboación é imparable e non sei se algo socialmente traumático a conseguiría frear. Pero a historia da humanidade non admite baleiros longos no mapa e algún día teremos novos habitantes nestas terras que, ó mellor, valoran os esforzos dos anteriores por preservar a memoria. O servizo destas terras e xentes é algo nobre aínda que non se busque recoñecemento social nin beneficio económico.
O Círculo é a miña segunda casa, o sitio que recordo sempre presente na miña vida desde que era chaval, e de xeito constante desde 1982 cando un grupo de rapaces asaltamos a directiva para intentar darlle dinamismo á vida lánguida na que nos parecía se estaba a caer. É un orgullo ter podido aportarlle algo e continuar a obra ilusionada dos socios fundadores. Hoxe, a nosa Sociedade é xa un lugar histórico de Escairón polo que levan pasado persoeiros fundamentais da historia de Galicia. E para min, un entorno que me enche e no que sigo a disfrutar.
7. Despois de editar o primeiro e segundo libro de “Circular polo Saviñao”, para conmemorar o 50 aniversario da entidade chega a terceira parte “Circular polo Saviñao III”. Qué podemos atopar nesta triloxía de libros, e na última publicación ?
Nos libros fixemos fincapé en que eran plurais e diversos como o é a nosa entidade. Xa pasan de 1.000 páxinas entre os tres dunhas 90 colaboracións tolerantes e cheas de interese. O lector pode atoparse arte, etimoloxía, a nosa historia, literatura, economía, ciencia, as nosas xentes e o noso patrimonio cultural. Son fundamentais para calquera estudio sobre o concello de O Saviñao.

No Circular III engadimos máis imaxes da nosa historia que nos anteriores, artigos sobre fútbol, patrimonio material e inmaterial, as árbores senlleiras, e tamén a nosa propia historia do Círculo Saviñao. E démoslle a palabra ós novos autores que van saíndo. Queremos ser un foro dos veciños que teñan algo que contar e dos que non o son pero que saben cousas sobre nós que merecen ser coñecidas e divulgadas.
8. Qué supuxo para vostede ser unha personaxe da novela “O Cabo do Mundo” de Xabier Quiroga?
Gustoume moito verme convertido en personaxe de ficción. Díxenlle ó autor que fixese o que quixese conmigo e melloroume moito. Gracias, Xabier.
Enrique,moitas grazas pola túa atención e estupenda entrevista.

1 comentario:
Dende logo ten o seu grande merito,o que un pobo pequecho como Escairon ,teña unha "xoia" cultural e de entretemento" da calidade do Circulo do Saviñao.Eu, sigo pola sua paxina Web todo o que acontece no Circulo e aconteceu.Xan dixen varias veces( no me quero facer pesado,pero vou termar sendo) que vivin alí dende o ano 1958 ao 1963,a duración da obra hidraulica de Belesar,a miña estancia transcurreu entre os once anos aos dazasete.
Daquelas ,lembro que habia una boa cantidade de xente con moita inquietud cultural e intelectual,por iso no me extraña que O Circulo sexa unha "xoia " que outros pobos mais grandes querrian pra si.O que me entristece e que ista "xoia" ,o Circulo do Saviñao,poida pasare apuros a medio plazo ,si isa xuventude,a actual ,como moi ben matiza Enrique,no se da conta da riqueza que labraron as outras xeración i elas " pasan olimpicamente".Algo habria que facere ,inda que non e tan doado facelo.
Moitos biquiños para as miñas amigas ,Montse,Pili e Carmen ,artifices da Amaxiadosaviñao e un abrazo para isa persoa tan ambel e cordial que e Enrique,i , iso que a nosa relación e " virtual ,da rede".
Apertas agarimosas
Publicar un comentario