BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



29 oct 2010

Xogos

Os xogos, poesías e adiviñanzas tradicionais son o reflexo dunha situación histórica, social e cultural determinada. Depende de nós que as novas xeracións coñezan a herdanza cedida polos nosos devanceiros, pra que sexan os transmisores dunha cultura que mostra os coñecementos, a lingua e as costumes da nosa terra.

Dende A MAXIA DO SAVIÑAO desexamos recoller con mimo e rigor as tradicións da nosa identidade cultural.

Outra vez máis pedimos a vosa colaboración.


XOGOS

-De cativa rin moito co meu pai xogando a istes xogos que desexo compartir convosco :


1.O xogo trátase dunha disputa entre dúas persoas ( A e B), na que din entre elas:

A)A túa vaca foi a miña viña
B) E a túa a miña
A)Facemos un pleito
B)con guizo direito !!

Despois de encararse verbalmente, deben soprar un na cara do outro.

Perde quen canse antes de recibir o aire do outro, que pódese coller cantas veces se queira.


2.O xogo consiste en dicir de corrido sen respirar o seguinte :

Peguiña,Pegarela
puxo un ovo na portela,
puxo un e rebolou,
puxo dous e rebolou,
puxo tres e rebolou,
puxo catro e rebolou,
puxo cinco e rebolou,
puxo seis e rebolou…


Gaña o xogo quen consiga chegar ao número máis lonxe de ovos. Quen respire perde o xogo, por tanto, débese coller moito aire antes de recitar o dito.

No hay comentarios: