Quedábanme tres días pra volver a Barcelona e aínda non fora á rocha da Pena dos Mouros.
Soamente Mariluz podía achegarme a ela, xa que sempre lembraba cando de pequena xogaba cos seus dous irmaos naquel oco do penedo que tiña forma alargada.
O ano anterior chamoume pra dicirme que publicárase nun xornal local unha reportaxe que informaba da existencia dun sepulcro antropomorfo no Saviñao que correspondía co enterramento dunha persoa adulta, e que desaparecera a tapa de pedra que o cubría.
O xornal engadía que os estudos históricos e arqueolóxicos distes sepulcros escavados nas rochas estendéronse na Galiza polo século VII, e relacionábanse co monaquismo medieval,bastante característico nos monumentos da Ribeira Sacra. Non había dúbida mencionábase o lugar do Moimento en Beleigán,e coincidía ca versión da avoa cando explicaba que naquela tumba foi enterrado un importante guerrilleiro morto en combate.
Pra alá marchamos as dúas, mentres teorizabamos sobre a verba “Moimento”. Quen nos dera un filólogo naquel intre !
Entre Beleigán e Meitriz atópase á esquerda ( vindo dende Beleigán) o camiño da Lavandeira. A maleza do sendeiro non nos permitiu avanzar, metémonos polo medio das fincas e saltamos un muro derruído pra poder chegar á zona boscosa. As zarzas e os rastroxos non deixaron que puidésemos atopar o noso tesouro arqueolóxico.
Canto botei en falta a desbrozadora de Juan!!!
Non debemos esquecer que a falta de conservación do noso patrimonio leva consigo a perda total da nosa identidade histórica, empobrece o noso pensamento e a comprensión do que somos hoxe en dia.
Canto botei en falta a desbrozadora de Juan!!!
Non debemos esquecer que a falta de conservación do noso patrimonio leva consigo a perda total da nosa identidade histórica, empobrece o noso pensamento e a comprensión do que somos hoxe en dia.
Jose Losada enviounos estas fotografías pra que poidamos coñecer mellor o extraordinario resto arqueolóxico do noso pasado histórico.
Grazas Pepe
2 comentarios:
Despues de mucho tiempo abandonado conseguí que el Ayuntamiento dscubriera este enterramiento, os haré llegar las fotos
Pepe Carriola
El ayuntamiento no descubrió nada , siempre estuvo así , si nuestro alcalde le tiene alergia a todo lo que es cultura , paisaje y medioambiente . No le floreen que no merece nada .Hay otra piedra muy singular en el castro de Abuime , con tres orificios , en la zona externa del castro y mirando a NO.
Publicar un comentario