BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



15 sept 2010

Anxelito,o canteiro da pedra

En Buxán vive Anxelito, un veciño moi peculiar dedicado ao cante dende moi novo, coleccionista de pedras de diversos lugares do mundo, de tóda-las cores e formas posibles.

Photobucket
Photobucket Photobucket

Agora que está xubilado compaxina o seu hobby de viaxar cun pasatempo que comenzou dende moi novo, de forma totalmente autodidacta: traballar e labrar na pedra,tan importante na nosa terra pola abundancia e calidade da materia prima.
Anxelito,colocou na súa finca unha fermosa pedra atopada na ribeira de Toalde ( Pesqueiras) que pódese visitar e é perfectamente visible na estrada de Buxán.Hai quen sostén que trátase dun menhir,aínda que os expertos non o acaban de confirmar.

Photobucket


Tamén pódese visualizar unha escultura de pedras sobrepostas que gardan o equilibrio, formando unha curiosa composición.

Photobucket Photobucket


Outras esculturas :

Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket

Photobucket capela de granito e mica

Photobucket Photobucket Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket
Anxo ó lado da súa balanza feita de pedra do pais.

1 comentario:

Antón Mixiriqueiro dijo...

Teremos que botar unha ollada por Buxán e falar un pedazo co señor Anxo ! Un sáudo