BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



1 jun 2010

As moras

Photobucket

"Cando maduran as moras repinta o viño"

"Cando as moras andan ó sol, hai que poñer a canada ó sol"

"Ano de moras, ano de choras"



1 comentario:

Antón Mixiriqueiro dijo...

"Anadiña pouca, anadiña moita vai chegando unha coa outra"... que en enchenta colliamos de pequenos delas...
Saúdos!