BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico :
amaxiadosavinhaoegaliza@yahoo.es, para participar no proxecto.



13 mar. 2010

A praia das Catedrais

Para os que aínda non coñecedes a "máxica" Praia das Catedrais (o seu nome real é Praia de Augas Santas), mostramos algunhas fotos tomadas no verán do 2009. Esta é unha visita obrigada para os interesados en observar un fenómeno de gran interese xeomorfolóxico e beleza paisaxística, soamente observable durante a baixamar (antes de visitala consultade o horario das mareas).

A praia atópase na costa da provincia de Lugo, no municipio de Ribadeo. Foi declarada Monumento Natural no 2005, espazo incluído dentro do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) "As Catedrais", que forma parte da rede europea de espazos protexidos denominada Rede Natura 2000. Este monumento natural orixinouse pola intensa erosión exercida polo mar, que da lugar a unhas formacións de extraordinaria beleza, e que polas súas características lembran ós contrafortes dunha catedral (de ahí o seu nome).


Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket



Carmen

1 comentario:

Anónimo dijo...

Lo habéis conseguido!!!! Lo sabía. Un beso muy fuerte de esta Catalana con morriña que vosotras sabéis quien es. Por cierto las fotos están al tamaño que Montse siempre ha querido. Pasarlo super bien en la calÇotada. Besotes