BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico :
amaxiadosavinhaoegaliza@yahoo.es, para participar no proxecto.



1 dic. 2011

A matanza do porco

Photobucket

O FARO DE VIGO, luns 14 de novembro do 1966


O San Martiño, supón o inicio da matanza do porco, unha tradición moi arraigada no rural. De ahí o dito: "A todo porco lle chega o seu San Martiño".

Despois de alimentar ben os marraos con patacas, fariña,castañas,verduras,ou ben con todo o alimento que sobra na casa, chega o momento de participar, familia, amigos ou veciños, nas tarefas da matanza.

"O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño"

O importante é o resultado: chourizos, xamón,salchichóns, morcillas, touciño, cachucha, lacón, filloas, butelos, roxóns....

Photobucket

PhotobucketPhotobucket



Fotografías Jorge Lage

No hay comentarios: