Veo o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d'ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
Souto sin folla!
Cerdeiras roxas e bidueiras amarelas!
Días breves en que un está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas
As bouzas roxas pardean cas choivas
O vento sólo
No souto do outo outono
Fotografías tomadas no mirador de Fión,en Cuñas e en Seteventos (Morgade,Tras da Cabarca)
Fotografía Paulo Serantes
Poesía Uxío Novoneyra
Cain as follas.
Sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe,
pra que eu soñe.
Fala a tarde baixiño.
Cain as follas,
i é unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe,
pra que eu soñe.
Fala a tarde baixiño.
1 comentario:
vicente eyré taboada, no es ni fue el heredero de la casa de La Abadía, que en su día fue propiedad del patrimonio de la casa de fragua
Publicar un comentario