BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



8 ene 2011

Cando a choiva chama...

Chove..sen parar...sen dar respiro...

dias de lluvia
O Cabo do mundo.

dias de lluvia

dias de lluvia
O río Miño.


dias de lluvia
Muiño de Pesqueiras.

dias de lluvia

dias de lluvia

dias de lluvia


Viaxe na Choiva. Estrada: Fondo de Vila- Freán.


Fotografías: Jorge Lage.

5 comentarios:

Soto dijo...

!Como para cruzar o rio Miño coa barca!1como baixa o rio!.....!Que fermosura o paraxe natural do Cabo do Mundo con "esa cortiña" de augua que nos "dice" que chove a cheas.Moi boas as fotografias ,moi "oportunas" cada unha de elas .
Moitas apertas a Maxiadosaviñao e Galiza,a Montse,Pili e Carmen .un saudo para Jorge.
Xose Cerdeira

Antón Mixiriqueiro dijo...

O cabo do mundo é único... a baixada até a Cova dende Fíon e chovendo tiña que dar un pouco de medo, non si? Moi boas fotos, xa con ganas de voltar outra vez aló !! Un sáudo ao fotógrafo !!

Marina Filgueira dijo...

¡Hola! ¡Que hermosura de paisaje! O cabo do mundo, paréceme que e donde Cristo dou tres voces... Felicidades ao fotógrafo, vaya vistas impresionantes. O miño que sempre pasa caladiño agora que vai cheo está moito bonito. Eu estiven en Lugo en tres ocasións, nas augas romnas mesmo na beiriña do miño. sentinme feliz e relaxada por aquel entonces. Lembrándome neste instante cáeme unha bagoa. Ben pois... Un saúdo e hasta loguiño. Ser ben felices neste aninovo, que vos sexa ben próspero e venturoso.

Marina Filgueira dijo...

Quero dicirvos que me dou soto es enderezo do voso blog e estoulle agradecida pois gústame moito este espacio. Chauuuuuuu

Mónica dijo...

O que a mim me pareceu máis impresionante foi o feito de que a auga caída estes días "trasplantara" árbores ó medio da estrada.