BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



30 dic 2010

Houbérase podido evitar?

fachada al suelo
Agora.

fachada al suelo
Fotografía: "La voz de Galicia"

Na noite do 28/12/2010 desmoronouse a fachada do pazo obispal de Diomondi.

O feito ben puidera atribuírse a fenómenos naturais, de non ser porque dende fai 2 anos as 3 últimas filas de tellas da cornixa de esa mesma fachada estaban desprazadas deixando filtrar auga, que logo de este tempo desembocou no desastre.

fachada al suelo
Antes.

HOUBÉRASE PODIDO EVITAR??

6 comentarios:

Soto dijo...

Claro ,que poidera evitarse,pero a quen que debera preocuparlles e unha cousa de pouca monta....¿Que interes ten ?¿Que carallo ei eso do Patrimonio historico?
!Que mágoa!....Por certo ,non cabe disculpas..o "escaner fotografico,"delata a quen quere poñerlle pegas a verdae dos feitos.
Apertas agarimosas
Xose Cerdeira soto

Antón Mixiriqueiro dijo...

Non o podo crer! Noxo de pais ! Merda de noticia para rematar o ano !

osorrisodedaniel@gmail.com O Sorriso de Daniel. Patrimonio Románico dijo...

En O Sorriso de Daniel (Asociación que traballa pola defensa do Patrimonio Románico) parécenos que se podería evitar. Claro que si. Fixemos público o noso malestar a través dun comunicado que podedes ver en
http://www.osorrisodedaniel.blogspot.com/
Agora o importante é tratar de salvar o que quedou e que mentres siga chovendo o derrube non siga indo a máis.

Maribel-bel dijo...

Doe contemplar estas imáxenes, perder a cultura, o patrimonio por pereza dos dirixentes que aportan subvencións para algunhas cousas que dan máis publicidade e non serven para nada. Sintoo. Apertas

Mª Paz dijo...

Hoy quizás por añoranza al entrar en esta página lo primero q veo son unas preciosas imágenes de nuestros campos en primavera.
Luego d pronto ante mi aparecen otras q me llenan de pena el corazón; el derrumbe d la casa parroquial d Diomondi, las lágrimas asomaron a mis ojos como si d mi casa se tratara, a mi mente acuden imágenes d mi niñez pues en ella pasé varios años y la conocia como la palma de mi mano y m embargó una gran pena.
Ahora solo le pido a Dios q no ocurra lo mismo cn mi querida iglesia.
Saludos dsd badalona.

Anónimo dijo...

Agora esperar a que a magnanime hipoteca do Gaiás deixe algo para o verdadeiro patrimonio do noso país . Esta craro : a egrexa non quere gastar un can , a consellería tenno hipotecado .. Dificil solución .