O último fin de semana de setembro, os veciños reúnense como cada ano pra dar a benvida ás festas da parroquia de Vilelos na honra da Virxe das Angustias. Sen dúbida o folión “de véspera“ das fachas é o dia que máis xente congrega. Ao parecer a tradición remóntase á época castrexa, na que os labradores facían a súa ofrenda aos deuses agradecendo a boa colleita.
Os veciños durante o mes de agosto recollen os agucios, os talos dunha planta chamada abrótega abondosa en montes baixos.Unha vez secos átanse a un pao que é revestido cos agucios. Das fachas depende a duración da troula, xa que canto máis longa e grande sexa máis durará o ritual de lume.En tempos nos que a luz eléctrica non tiña presenza, a facha,ao ser de combustión lenta, era o garante da duración diste ritual.
Ao baixar cara o campo da festa,xunto ao peto das ánimas da Besta, deposítanse as fachas nunha fogueira común, e préndese lume ás fachas máis longas pra alumar a verbena.
Unha gran queimada e o grupo “Festicultores Troupe” animan a festa aos presentes ata ben entrada a madrugada.
Non debemos esquecer aos encargados de organizar o folión, a asociación veciñal de San Martiño de Vilelos, sen eles isto non seria posíbel (http://www.myspace.com/aguciosvilelos)
Falamos con Tania Mirás, membro da asociación veciñal.
1- A tradición das fachas de Vilelos increméntase cada ano pola presenza dos veciños do Concello, houbo momentos nos que deixou de celebrarse ou estivo esquecida a tradición?
A festa vaise consolidando ano a ano grazas a participación dos veciños, e sobre todo intentamos implicar ós nenos que son os que terán que seguir coa tradición.O folión nunca deixouse de celebrar, houbo épocas de decaemento o igual que houbo outras épocas nas cales parecía que aumentaba a participación.
Aínda que nos últimos anos a participación foi mínima, dende a asociación de veciños e grazas a axuda dos rapaces máis novos da parroquia, fíxose o posible pra recuperala tradición e facer algo diferente, e así tentar mellorar a participación e que houbese actividades tanto para a xente nova como para a xente maior nas que todos puidésemos participar.
Aínda que o prato forte é a queima das fachas,sempre hai actuacións musicais durante toda a noite e unha pancetada que serve de preámbulo e unión entre os participantes.
2- Cando facedes a recollida dos agucios ?
O Folión celébrase o ultimo venres de setembro e os agucios recóllense uns días antes. Hai que esperar pra recollelos a que estean secos, polo tanto depende do tempo que se teña e dos agucios que pretendas recoller, cada un empeza cando pode.
3- Cómo é a elaboración das fachas ?
Hai dous tipos de facha, as que lévanse na procesión e as que quédanse no campo pra queimar o longo da noite.
As que se levan na man son moi sinxelas de facer, hai que ir atando montos de agucios tentando facer unha facha. Débense atar con cordeis que non deben estar moi apretados pois senón non arderá a facha, e tampouco moi frouxos posto que senón desfarase.
As mais grandes pra facelas máis consistentes e que non rompan, hai que facelas ó redor dun pau, e ir cubrindo o pau cos agucios, e tamén átanse con cordeis pouco a pouco en forma de facha ata que sexa o mais longa posible.
Non se pode utilizar ningún outro tipo de material que non sexan os agucios. Pra atalas tamén pódense usar vimbias aínda que na nosa zona é mais típico atalas con cordóns.
4- Qué dirías para animar a xente que aínda non coñece a festa ?
O ser Vilelos un dos poucos sitios onde conservase a tradición, animaría a todo o mundo a participar nela e ver como, a pesar dos anos, sigue mantendo a mesma maxia. Dende o noso punto de vista creo que aínda que so sexa unha vez, merece a pena visitar o folión posto que en poucos sitios pódese ver semellante espectáculo de lume a son de música tradicioal.
1 comentario:
Hola Soy Graciela Lahiguera Alonso, vivo en Argentina.
Quisiera saber de que se trata la fiesta que publican. No entiendo mucho el gallego.
Mi abuela nacio en Saviñao y me gustaria saber sobre sus costumbres y tradiciones.
Desde ya muchas gracias, un saludo, Graciela
Publicar un comentario