BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



23 nov 2010

Condicións de uso das instalacións do balneario de Augas Santas para os veciños do Saviñao

A Asociación de Veciños do Saviñao, informa que tralas reunións mantidas pola xunta directiva coa dirección do balneario de Pantón, conseguíronse unhas condicións de uso destas instalacións un pouco máis económicas que as tarifas ordinarias, o igual que conseguiran antes os concellos de Monforte, Chantada, Sober e Pantón.

Trátase duns descontos do 20 % na estancia, un 20 % nos tratamentos, e un prezo de 10 euros polos baños. Para acceder a estas condicións haberá que acreditar a residencia no concello, para o que haberá que solicitar o certificado de empadroamento no concello.

Esta iniciativa tomouse tralo retraso por parte do concello en solicitar estas condicións .

Saúde e disfrutade.

No hay comentarios: