BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



18 jul 2010

Poleiros, pitas e pitos.

gallinero

gallinero
Poleiros onde dormian as pitas e pitos.

Cada galo canta no seu galiñeiro, o no seu poleiro.

Cada galo canta no seu galiñeiro, i o que é bo, no seu e no alleo.

Cada galo no seu galiñeiro, e cada pola no seu poleiro.

Daca o galo, toma o galo, quedan as prumas tiradas no chao.

Escarabellou o galo e atopou o coitelo que ha de matalo.

Estrícate, galo, que a pelar te levan. Galo que non cacarexa, non se sabe por onde anda. Galo que non canta algo tén na gorxa.

Mal lle vai ó galo cando lle pica o papo. Metín o galo no poleiro, e fíxose meu fillo e meu herdeiro. Onde hai galo non canta galiña, senón que o galo teña a morriña. O que non sirva pra galo, que non cante. O que non sirva pra galo, que non deprenda a cantar.

O que soilo come o seu galo, soilo aparella o seu cabalo.

gallina

No hay comentarios: