"Na noite de San Xoán rapaz, rouba portais si es capaz"
Outro ano máis chegamos á máxica festa de San Xoán, na que os elementos conxúganse pra facer desta unha noite chea de conxuros, feitizos, meigallos, limpezas purificantes, e todo tipo de actos esotéricos, que por outra banda, tanto nos gustan ós galegos.
É ben sabido que non é esta unha festa cristiá, a súa orixe é pagana e moi remota, na que se celebra o solsticio do vran , e na que o lume é o elemento máis importante. Os primeiros pobos europeos e os celtas regulaban o seu calendario pola observación do sol. Estes nosos ancestros estaban continuamente pendentes das luminarias celestes, da lúa que rexía o paso dos meses e as semáns, servindo pra axusta-lo calendario agropecuario cos solsticios e equinoccios do ano solar. O lume é pra os celtas un axente de limpeza, un purificador.
Herbas de San Xoan: Durante a tarde e noite anteriores ó día 24 recóllense prantas e herbas frescas, principalmente flor do sabugueiro e de rosal, e déixanse en auga ao descuberto, de xeito que collan o rocío ou orballo da noite. Esta auga adquire entón propiedades máxicas, curativas e cosméticas. As mulleres lávanse a cara pola mañá con esta auga, deixándolles o cutis máis fino e luminoso.
"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo"
O BAILE DO SOL
"Baila o sol
pola mañán
de San Xoán.
San Xoán pediulle a Cristo
que nono adormentase,
para ver bailar-o sol
o día da súa romaxe"
No hay comentarios:
Publicar un comentario