BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



30 abr 2010

Sant Jordi 2010

Photobucket

O Sant Jordi 2010 foi un dia espléndido, as rúas de Barcelona cheas de xente, libros e rosas. Como cada ano Manuel Rivas e Suso de Toro agasállannos coa súa dedicatoria, un sorriso e unhas palabras amábeis.

Puxémonos en contacto con Suso e non imaxinábamos que tiña pensado despedirse da profesión de escritor como carreira profesional ou autónomo. Aínda que quere que o esquezamos durante un tempo, as súas novelas e ensaios, teñen un lugar moi importante na literatura galega.

O 23 de abril do 2010, as tres tiñamos una cita cun dos nosos escritores galegos máis universal.

Pola mañá, Suso debuxou á Pili na súa ultima novela SETE PALABRAS, unha vieira que lembra Santiago de Compostela.

Á última hora da tarde, xa non quedaban en Sargadelos exemplares en galego de SETE PALABRAS. Suso levaba todo o dia dando voltas pola cidade en diferentes stands asinando os seus libros. Xa eran as oito e ata as nove estaría nunha paradiña da Rambla Catalunya. As dúas (Carmen e Montse) puxémonos a esperar o noso momento mentres Suso falaba cos seus lectores.

Durante todo o dia fixo un dia fermoso de sol, nese momento caeron unhas pequenas gotiñas de auga. Cos nosos nomes recoñeceunos ao instante. Simpático,falador,atento.

Marchamos máis contentas coas dedicatorias dos libros como “dúas pequenas con zapatos novos”.

Moitas grazas polo teu traballo, por facernos sorrir, emocionarnos, pasar bos momentos, soñar, aprender…Esperamos a túa próxima novela. Non esquezas a nosa Maxia.

No hay comentarios: