BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



2 abr 2010

Entroido - Antroido 2010

A festa do Entroido ou Antroido como chamámoslle nós, celébrase na capital do Concello dende tempos ancestrais, excepto na época franquista que foi prohibida polo seu significado de ruptura cas convencións sociais, de diversión e liberdade.

É unha festa de comer, beber, cantar, rirse do mundo que nos envolta e de nos mesmos.

Aínda perdura hoxe mesturando elementos novos coas tradicións máis antigas.

En Escairón celébrase o Xoves de Compadres, o xoves seguinte o de Comadres, e o terceiro xoves o Entroido ou Carnaval.

A festa trátase dunha representación de loita de sexos. No Xoves de Compadres as mozas fabricaban varios bonecos chamados “os compadres” para ridiculizar os homes (facíanse normalmente de palla), e os mozos loitaban para roubalos e queimalos.
O Xoves de Comadres é ao revés que do de Compadres, son os homes os que facían bonecas con feitura de muller “as comadres”, e elas loitaban por lle sacar para a queima.

Hoxe en dia a festa estase recuperando, xa que a tradición perdeuse co paso do tempo. A xente fabrica “os mecos” que preséntanse ao pobo na rúa o dia da festa, e son poucos os que acaban queimándose.

A biblioteca municipal do Saviñao organizou un obradoiro de elaboración de compadres e comadres, e un dos obxectivos da Asociación de veciños do Saviñao é a promoción cultural da festa.

Aquí tedes unhas fotos que fixo a nosa amiga Celia:


Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

Photobucket Photobucket

No hay comentarios: