BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



30 mar 2010

Segunda ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra polo Miño

El 27 de marzo la Asociación de veciños do Saviñao (AAVV), realizó una ruta que repetirán el sábado día 3 de abril. Es una ruta diseñada para presentar a la Diputación de Lugo por la Comisión de Medioambiente y Turismo de la AAVV do Saviñao para su posterior limpieza, señalización y publicidad.

El inicio será delante de la iglesia de Diomondi y recorrerá los castros de A portela, descenso por los codos de Belesar hasta Belesar (pueblo) y posteriormente un ascenso hasta Bexán.

¡Os animamos desde aquí a participar!!! Creemos que es una muy buena iniciativa de la AAVV y desde aquí les damos todo nuestro apoyo. Os esperan a las 10 horas delante de la iglesia de Diomondi. ÁNIMO y no faltéis a la cita.

Convocatoria da Asociación de veciños do Saviñao:

Boas. Pola presente recórdovos que o vindeiro sábado 3 de abril percorreremos a segunda etapa da Ruta de Sendeirismo da Ribeira Sacra polo Miño, ruta deseñada para presentar diante da Diputación de Lugo pola Comisión de Medioambiente e Turismo da Asociación Veciñal do Saviñao para a súa posterior limpeza, sinalización e publicidade .

O inicio será diante da igrexa de Diomondi as 10 h. e percorrerá os castros de A Portela, o descenso polos Codos de Belesar ata Belesar pobo e ascenso ata Bexán .

Quen desexe facela non ten máis que presentarse ás 10 h. no inicio da mesma .

Animádevos e participade. Saúdos.

Asociación veciños do Saviñao

No hay comentarios: