BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



27 feb 2010

UNHA GALEGA DO SAVIÑAO NO XAPÓN

Maria Dolores Guitián é o nome desta singular muller da que imos falar. Fai moitos anos xa, esta galega do pobo de Mosiños (parroquia de Seteventos), decidiu emprender unha viaxe lonxe da súa terra. O seu destiño inicial foi Barcelona, alí traballaba e alí foi onde coñeceu a unha persoa especial, e namorouse...Ó tercer día de coñecerse María aceptou a petición de matrimonio, pero iso implicaba tomar outra decisión tamén moi importante, a de marchar a Xapón, o país de orixen do seu amado. Alí é onde vive dende hai aproximadamente trinta anos, e a través da súa filla, residente en Barcelona, conseguimos facerlle algunhas preguntas sobre a súa vida. Se queredes saber máis sobre esta muller, podedes botar unha ollada á páxina web de "Españoles por el Mundo" (TVE).

1. Similitudes entre a cultura galega e a xaponesa.

A rexión máis parecida a Galicia é Hokkaido, aseméllase polo seu clima, pesca, gandería, agricultura, paisaxe, etc.
Algo moi típico de Galicia e ofrecerche un vaso de viño e un pratiño de queixo ou xamón cando vas visitar alguén. No Xapón faise algo semellante pero o que che ofrecen son uns pasteliños feitos de fabas doces, que a nos acostumados ós productos galegos, pódennos parecer un pouco empalagosos.
Comenta María Dolores, que dende fai algúns anos véndense productos de Galicia, como a cervexa Estrella Galicia, o queixo San Simón ou Arzúa, os viños da terra, etc.

2. Sobre as linguas.

Algo sorprendente que descubrimos con María, foi que certas palabras aseméllanse ó Galego, isto débese á herdanza do reinado Portugués no Xapón no século XVI. Atopamos en xaponés palabras como "Shabon" que é noso xabón. "Castela" é un pastel semellante ó noso roscón, de forma rectangular, ó que lle añaden té como ingrediente e que lle da unha cor verde ó pastel.

3. María traballa de mestra de cociña no Xapón.

Ás alumnas de María gústanlle moitísimo os pratos galegos, calquera deles, a empanada, o pulpo, o caldo, a fabada, os mexilóns, a tarta de Santiago. O que non lles gusta é o arroz con leite, xa que pra eles é soamente arroz branco fervido en auga e din que lles semella comida pra gatos!

4. Preguntámoslle a María se bota de menos Galicia.

Dinos María que non podería ter continuamente morriña porque non disfrutaría da vida nun pais tan lonxano. Tivo que botarse á espalda a súa nostalxia pra poder tirar pra diante. Mais co paso dos anos vaise notando cada vez máis.


María Dolores Guitián.

1 comentario:

David dijo...

Hola chicas, me ha gustado mucho vuestro blog.Bienvenidas a blogger.