BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico :
amaxiadosavinhaoegaliza@yahoo.es, para participar no proxecto.



27 feb. 2010

Igrexa de San Paio de Diomondi

Photobucket

Photobucket

La iglesia parroquial de San Pelayo de Diomondi es el templo de un antiguo monasterio benedictino, uno de los muchos que se vieron construir y habitar las tierras gallegas durante la Edad Media.

La importancia que alcanzó esta iglesia hizo que fuese codiciada hasta por reyes, aunque volvió a manos de los obispos de Lugo.
El origen de este cenobio lucense data del siglo X, poco después del martirio mozárabe de San Pelayo en Córdoba, santo al que está dedicado. La construcción actual debe datar del siglo XII y tiene mucha relación con la cercana iglesia de San Esteban de Ribas de Miño.

En la parte interior del dintel se lee la siguiente inscripción: "En la era 208, año 1170, fue colocado este dintel".

Fue declarada Monumento Nacional el 3 de junio de 1931 y publicada en el boletín al día siguiente


Photobucket

Photobucket

Photobucket

Fotos de Laura Suárez



Historia da Igrexa de San Paio de Diomondi

A igrexa románica de San Paio de Diomondi, conserva adosada ó seu lateral norte unha edificación anexa de orixe medieval, coñecida como palacio de Diomondi. As súas dependencias utilizáronse antigamente como mosteiro e desde Odoario serviron ademais de residencia temporal e administración eclesiástica dos bispos de Lugo.

O edificio actual consta de dúas torres separadas entre si por un patio reedificado, se ben as súas instalacions foron obxecto de múltiples reformas no curso do tempo.

Recentemente, detectáronse no seu interior algúns elementos arquitectónicos que consideramos de grande interese. Trátase de dúas voluminosas columnas de granito que hoxe sosteñen parte do madeirame da edificación. Unha das columnas conserva un curioso capitel adornado con arquiños de ferradura de aspecto mozárabe, similares ós do coro da catedral de Santiago, obra do mestre Mateo. As basas son de tipo ático, tal vez dos primeiros momentos do románico.
Ámbalas dúas columnas, ou cando menos unha, deberon ser trasladadas do seu emprazamento orixinario, no que desempeñaron a súa función de soporte.

Tamén chama a atención a porta de entrada á torre oriental,aberta nun muro de cachotería de máis de metro e medio de ancho, se ben rematado na terceira planta con sillares de factura románica. Pola armazón da construcción parece anterior á igrexa actual, a pesar de que a xeometría do arco puidera indicar outra cousa.

Probablemente, o mosteiro de Diomondi só mantivo vida conventual ata principios do século XIV. Nos tempos posteriores as súas dependencias serviron de lugar de descanso e residencia estival dos bispos de Lugo e de casa rectoral da igrexa.

Debe citarse, por último, un importante documento do ano 976, polo que a semiconfesa dona Sénior fai testamento do mosteiro de San Miguel de Diomondi: Na nosa opinión, este mosteiro non ten nada que ver co de Santo Estevo de Diomondi, fundado no ano 954.

Documento aportado por Enrique Pérez Losada.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

piliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!! hoho ya vi la sorpresa jaja pues ya hare las fotos esas k me has pedido jajaj me gusto muxooo jajajaja un besoteee REBECA

Anónimo dijo...

Muy bonita la página! Tantos dias fueras de mi habitación han valido la pena jejeje! Felicidades!!!

Anónimo dijo...

David Gerpe:
Esto de arriva también va por Montse y Carmen!!!