BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



25 feb 2010

Dende América do Sur ata América do Norte

-¿Vas vir iste ano? ¿Pediches as vacaciós?-
Sempre despois do Nadal fágolle a mesma pregunta e sei que si por il fora a súa resposta sempre sería afirmativa.
Xosé Luís e máis eu temos un trato, algún día voltaremos ao Norte, ao noso concello, á nosa pequena aldea ¿a Buxán? ¿a Galegos?, aínda non o sabemos. Sei que il cumprirá súa palabra, sempre a cumpre, nunca me defrauda. Eu cumprirei a miña. Non importa o tempo que falte. Voltaremos. Os dous temos ise sentimento chamado "MORRIÑA", por todo o que aquelo significou e significa nas nosas vidas.

Ás veces pregúntome cómo aquel neno de escasos 7 anos e da mao da súa mai, deixou Buxán pra ir reunirse co seu pai en Cuba, do que somentes tiña vagos recordos, cómo segue a sentir ese "agarimo" tan intenso despóis de máis de 50 anos lonxe de Galicia.
Photobucket

Síntome orgullosa dil, non soamente neste sentido, senón polos moitos outros motivos e sobre todo por como soubo transmitirlle á súa muller e ás súas duas fillas ese agarimo hacia á terra que o veu nacer.

Regresou por vez primeira á Península no 1965. Unha persoa moi importante o agardaba dende fai moito tempo, a quen lle deixou pra sempre unha importante impronta na súa vida.


Photobucket

O tempo que estivo na Península pasouno en Barcelona. No 1969 regresou, mais non foi Cuba o destiño, senón Porto Rico, onde o agardaban seus pais e irmao. Non sería nesta illa onde comenzarían os cimentos da súa vida, senón Chicago, onde chegou ser o home que é hoxe en día.

Hoxe está en Miami, seu penúltimo destiño. O derradeiro será Galicia. E namentres, ano tras ano e sempre tras o Nadal, seguireille facendo a mesma pregunta:
-¿Vas vir iste ano? ¿Pediches as vacaciós?...-

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es muy importante sentir ese cariño hacia la tierra de uno, nunca no olvideis. Estais haciendo una gran tarea. LLegareis lejos.
Enhorabuena.