BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



31 oct 2011

O rito do Samaín

Atopámonos no tempo do fin das colleitas,na transición do verao ao inverno, no momento de recollerse na casa ao pe do lume da lareira. Na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro ábrense as portas do Alén, aos espíritos dos defuntos, que teñen a posibilidade de retornar ó Mundo e visitar ós familiares aínda vivos.Por iso é necesario o lume das fogueiras para guiar aos mortos na escuridade. Miña mai cando era moi pequeniña lembra o medo que pasaba aquela noite.Os veciños da aldea baleiraban as cabazas para tallar uns ollos e unha boca feroz na que poñían uns pauciños en forma de dentes. As cabazas deixábanse diante da casa, na cima dos muros ou nos camiños cunha candea no seu interior, que facía brilar aquela terrorífica cara na escuridade da noite para asusta-la xente.Tamén hai quen levaba aquela esperpéntica caveira na mao deixando envolver a noite co fume da candea. Chegou de novo o Samaín, a noite das caveiras de calacús acesas, de cocer castañas, e de acender pequenas candeas que flotan nas cuncas con aceite. Di a tradición que cando a candea se consome, unha ánima do purgatorio alcanza a luz. Ao anoitecer non pasedes moito medo.

Photobucket

Fotografía e elaboración do Samaín de Tania Mirás.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Amaxiadosaviñao:
Fermosisimo relato sinxelo e real,si digo real,porque os recordos de pequenos relatan o medo que un tiña polo contexto de isa relixiosidad podre e esos medos moi ben construidos pra atemorizar e facer tonta a xente.Hoxe ,dase un conta,das aberraccions mentales a que un era sometido...e ao mesmo tempo hai como unha nostalxia daquelos medos, e unha fermosura traxica ,tenebrosa ,algo deficil de explicar pero que se sinte dentro dun.
Moitas apertas agarimosas
xose cerdeira Soto

Pili - Carmen - Montse dijo...

Xose,sempre son benvidos os teus comentarios tan emotivos, e máis nesta noite máxica. Ese é o recordo da miña mai cando era moi pequeniña, o seu medo, a aquela cabaza de lume.
Moitos biquiños,
Montse