A Asociación Veciñal do Saviñao organiza un percorrido a pé polo camiño dos Codos de Belesar, polo que anima a tódolos veciños e a todo aquel que queira sumarse e apuntarse .
O acto, de confraternización veciñal, é unha homenaxe ás distintas culturas que fixeron uso deste camiño empedrado : a castrexa , a romana e a medieval. Discorre dende a igrexa de S. Paio de Diomondi ata Belesar, terá lugar o sábado 7 de agosto pola tarde, e poderán concurrir todas as persoas que o soliciten .
O programa consiste en: Saída da igrexa de Diomondi ás 17: 30 h, parada e visita ó castro da Portela, descenso polos Codos, chegada a Belesar ás 19: 30 h. e degustación duns aperitivos no clube náutico de Belesar ás 20 h. O acto rematará aproximadamente ás 21 h.
Disporase dun servizo de autobús, para quen desexe ou precise utilizalo que partirá de Escairón, da rúa Doctor Portela ( diante do concello ) ás 17 h. Realizará o percorrido Escairón – Diomondi – Belesar – Diomondi - Escairón .
A asociación apoiará económicamente o acto, pero as limitacións presupostarias non darán coberto todos os custos, polo que se fixa o prezo en 5 € por persoa .
Para a correcta organización precísase coñecer con antelación o número de asistentes , polo que será necesario inscribirse antes do venres 6 de agosto, dirixíndose ao correo electrónico da asociación: asociacionvecinaldosavinao@gmail.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario