O 20/03/1963 tres académicos galegos: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego presentan unha proposta ao presidente da academia para que cada 17 de Maio se conmemore o día das letras galegas. Escóllese esta data con motivo da celebración do centeario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, considerada como a primeira obra mestra da nosa literatura galega. O pleno da Real Academia aprobou a proposta por unanimidade, o único requisito era ser autor/a dunha obra relevante en galego e persoa dunha calidade cultural e humana merecedora de ser proposta á sociedade galega, tendo pasados 10 anos entre a súa morte e a súa designación para este día.
Este 17 de Maio, Uxío Novoneyra (Parada do Caurel 1930-Santiago de Compostela 1999), un dos poetas máis relevantes na nosa lingua, é o homenaxeado. Súa obra está enraizada na tradición e no popular, sendo ao mesmo tempo vangardista.
Dedicatoria de Uxío Novoneyra en el 40 cumpleaños del Círculo do Saviñao.
O SAVIÑAO (17/12/1993)
Pra Monforte todo chao.
Non cruzar o Saviñao
sin ir a Torre Vilariño
e ver a volta do Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario