BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



19 abr 2010

O Cabo do Mundo: premio da Asociación Española de Críticos Literarios 2010

O sábado 17 de abril coñecéronse na cidade de Barcelona os gañadores dos Premios da Crítica 2010 que concede cada ano a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). Os premios, que valoran as obras de narrativa e poesía escritas en castelán, catalán, vasco e galego, considéranse un dos recoñecementos máis prestixiosos do pais no ámbito literario.

Xabier Quiroga foi gañador na sección de narrativa galega pola súa novela O Cabo do Mundo, e Luz Pozo na modalidade de poesía con Deter o día cunha flor.

No hay comentarios: