Hai uns anos convidáronme a asistir a un Congreso de Emigración, que se ía desenvolver na Universidade de Barcelona. Convidoume un amigo congoles, colaborador da asociación Amigos da Unesco. Eu, preocupado de sempre por os problemas da emigración, xa que a vivira no meu espírito, aceptei gustoso.
Tiña ganas de comprobar en que nos podiamos diferenciar os emigrantes galegos dos anos 50 e 60, dos que eu formaba parte, das novas ondas de emigración do terceiro mundo ao seu contacto coa nosa sociedade.
Sorprendéronme tres cousas neste congreso: a asistencia masiva aos actos, a orixe dos asistentes (magrebies e subsaharianos na maior proporción), o nivel cultural que posuían os asistentes.
Os temas que surxíron nos diferentes debates foron os seguintes:
*A precariedade laboral, tanto na contratación como o baixo nivel dos salarios, moi por debaixo da media dos empregados nacionais.
*As condicións de habilitade dos seus fogares e o hacinamento ao que estaban sometidos
*Os controis aos que se vían sometidos, a cotío, sobor de todo á súa chegada a aeroportos ou estacións de tren ou autobús.
As cousas que escoitei soábanme a circunstancias xa vividas. Escoitei con atención os argumentos que esgrimían para denunciar os abusos aos que estaban sometidos, argumentos baseados nas diferencias de tipo cultural, relixioso ou étnico.
Despois de moitas intervencións neste sentido eu pedín a palabra. Moitos miráronme con curiosidade, eu non era un dos seus, pero escoitáronme con moita atención.
Díxenlles que o seus análises estaban equivocados: a discriminación non estaba sustentada nas diferencias étnicas ou culturais, senón que era producto das diferencias entre ricos e pobres. Conteilles as miñas vivencias de antano, remarqueilles que eu procedía dun punto de España chamado Galicia e que un día, coma eles, chegara a Barcelona e que durante moitos anos vivira as seguintes situacións:
Os emigrantes galegos ao chegar á Estación do Norte atopábanse coa policía, esta solicitáballes papeis acreditativos de ter un traballo ou de ter un lugar de acollida en casa de familiares ou amigos. De non ser así, estes emigrantes eran conducidos a unhas instalacións existentes no Estadio de fútbol de Montjuic, alí permanecían ata que había un número suficiente para encher un convoi do Sangai e eran devoltos a Galicia.
Conteilles que os meus pais, durante moito tempo, acudían os domingos á estación a esperar xente coñecida para garantirlle á policía que os viaxeiros que recollían ían residir na súa casa, ese era o “pasaporte” para entrar en Barcelona. Os controles non remataban aí, á saída da estación do tren había un control “aduaneiro” no que che revisaban a equipaxe en busca de productos alimenticios: xamón, chourizos, etc.. Normalmente estes productos eran requisados polos ”aduaneiros”.
Faleilles, a continuación, da situación de vivenda. Naqueles tempos era moi similar á que ten hoxe a emigración. As “camas quentes” actuais non se diferenciaban moito da situación daquela época e para corroboralo conteilles que unha tía miña vivía nunha casa na que durmían 32 persoas, durante o día os colchóns estaban arrimados ás paredes dos pasillos, da cociña e do cuarto de baño.
Para rematar, conteilles a situación laboral. E díxenlles que eu, cada día, durante varios meses, erguíame ás 5 da madrugada para acompañar a un tío meu á Plaza Urquinaona para esperar ao subcontratista que elexía entre os asistentes os que precisaba para envíalos ás empresas de transporte para traballar de peóns. En moitas ocasións o meu tío volvía para a casa sen ser contratado. Por suposto, se traballaba aquel día, cobraba unha miseria e sen ningún tipo de seguro
A xente quedou sorprendida por esta confesións. Non imaxinaban que eso poidese suceder entre a xente do mesmo país.
Ao remate dese acto á xente acudía a min para que lles dese máis información e para agradecerme o noso recoñecemento da súa situación límite.
Como vedes, a vida do emigrante galego daquela época non se diferenciou da vida dos emigrantes actuais. É o eterno problema: a diferencia entre o mundo rico e o mundo pobre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario