BENVIDOS E BENVIDAS


A maxia dun sentimento lévanos ó Concello do Saviñao,

na Ribeira Sacra lucense, das Terras de Lemos.

Terra de pedra e luz, de homes e mulleres amables e

hospitalarios que deixaron marchar os seus fillos lonxe, en busca de novas oportunidades.

Terra máxica e melancólica, dunha fermosura incomparable,

cas súas devesas de carballos e castiñeiros centearios preto das augas do río Miño.

Terra namorada do seu pasado que loita por sobrevivir no presente.

Queremos compartir convosco a riqueza natural paisaxística,os camiños máis sorprendentes, as aldeas e festas,

o patrimonio artístico e a exquisita gastronomía.

Benvidos e benvidas ó noso blog .

Desexamos que nos enviedes os vosos escritos e fotos ó correo electrónico : lua_mgv@yahoo.es, para participar no proxecto.



15 abr 2010

Cuarta etapa da Ruta da Ribeira Sacra

Os informanos que el próximo sábado 17/Abril/2010, la AAVV de O Saviñao,realizará la cuarta etapa de la Ruta por la Ribeira Sacra, desde el castro de Mourelos hasta la iglesia de la Cova.

Convocatoria da asociación de veciños do Saviñao:

Boas, benqueridos asociados.Recórdovos que o vindeiro sábado 17 de abril realizaremos a cuarta etapa da Ruta da Ribeira Sacra no Miño a partires das 10 da mañá e que percorrerá dende a saída, no castro de Mourelos ata a igrexa da Cova.

Esta é unha ruta neta de ribeira , con viñedos e socalcos a ambos lados e coa perspectiva de Nogueira, Soto e A Veiga na outra veira da ribeira, a de Chantada e coa volta ó Cabo do Mundo.

É unha ruta en descenso pronunciado dende Mourelos, polas pistas da ribeira ata unha pequena subida final, a que nos leva dende A Pena ata A Cova Sinxela e espectacular Esperámosvos.

No hay comentarios: